Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño segue apostando pola cultura con dúas boas propostas a vindeira fin de semana

A vindeira fin de semana o auditorio de Goián volverá ser un destino a ter en conta para gozar da e con a oferta cultural municipal.

A mostra “Sabores e aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” exponse en Tui

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.

A Xunta anuncia os inicios dos traballos que reforzarán os usos museísticos da Catedral de Tui

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe a Catedral de Tui onde anunciou o inicio das primeiras actuacións previstas no Plan Catedrais 2021-2027.

A Deputación mellorará a seguridade viaria da EP-2502 Cerquido-Ribadelouro en Tui

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para abordar as obras de mellora da seguridade viaria da EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no concello de Tui.

A Guarda despide o Entroido 2022 cun multitudinario e colorido Desfile

Tras a obrigada interrupción do ano 2021 pola pandemia da Covid-19, A Guarda retomou este ano a programación de Entroido, que finalizou este domingo co Desfile de Carrozas, Comparsas e Grupos.

O Concello de Tui porá dez vivendas municipais en Caldelas a dispor dos refuxiados ucraínos

Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína.

Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en abril

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións.

“Dereito a estar, dereito a aportar” lema do concello de Tui para conmemorar o 8M

O Concello de Tui ten en marcha un amplo programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M. Unha programación especial que se suma á realizada ao longo do ano con actividades de xeito transversal con perspectiva de xénero coma se reflicte no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

A Xunta impulsa a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Rosal

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de impulsar a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Concello do Rosal cun investimento de 30.000 euros ao abeiro da orde de axudas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Manuel Madarnás presenta este venres no Teatro Municipal o seu traballo discográfico “La MMarca”

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 4 de marzo, ás 21 h o concerto presentación de “La MMarca” de Manuel Madarnás. Un disco que saíu a luz o pasado mes de agosto cando se presentou amais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “Sway”.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visita O Rosal o vindeiro 7 de marzo

O Rosal recibe este mes de marzo unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 7 .