A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, urxiu hoxe a Portos de Galicia a reparar o pantalán do porto de A Pasaxe, en A Guarda, que ten provocado a interrupción da liña de ferri entre aquela localidade e Caminha. Gallego presentou unha proposta en Comisión parlamentaria para esixirlle á Xunta que exerza as súas competencias propias e tome cartas no asunto, pero que foi rexeitada polo PP que, dixo, “demostran unha vez máis que son o partido do NON”.
A Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, en colaboración coa Federación Galega de Redeiras, atópase organizando un curso gratuíto de Confección e Mantemento de Artes e Aparellos, necesario para poder exercer a profesión de redeira.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse co sector ferroviario de CCOO para abordar as melloras do servizo ferroviario. En concreto recibiu na casa do concello a Juan Gómez e Antón Conde, representantes de Renfe e Adif, respectivamente.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará voluntarios para poder levar a cabo o ‘Zampakilos Solidario’ nas comarcas de Baiona, A Guarda, Redondela, Mos e O Porriño, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski.
O avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas presenta este xoves, día 10 de marzo, en Tui o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, publicado por Belagua Ediciones.
O alumnado do IES San Paoio participará ao longo deste mes de marzo en varias das actividades sobre memoria histórica que a Deputación, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño vén de abrir o prazo de inscripción para as dúas propostas formativas que comezarán no mes de abril, e que son, por unha parte un novidoso obradoiro de Videomapping, e por outra, un curso de iniciación á pintura.
A voz e enerxía de Nastasia Zürcher encherá esta fin de semana o auditorio municipal do Rosal para seguir reivindicando a igualdade. Co gallo do Día Internacional da Muller, este sábado 12 a vocalista e compositora galego-suíza ofrecerá un concerto organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello.
O Concello de Tui vai realizar durante os meses de marzo e abril unha rolda de charlas informativas nas distintas parroquias tudenses para informar sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.
O Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela da Guarda realizou unha visita á nave de redeiras da Asociación Atalaia da Guarda, onde conversou con tres das súas integrantes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.