Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

O Concello de Tui insta á Xunta a rexeitar a fusión ou integración da Cámara de Tui

O Concello de Tui recoñece á “Cámara de comercio de Tui como unha entidade autónoma, economicamente viable, con solidez patrimonial, colaborativa e que reflicte un gran compromiso co tecido empresarial da nosa contorna”.

“Degusta Europa” chega ao seu fin na Guarda

Despois de recalar nos mercados das vilas do Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar e Vigo, o programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra puxo o broche de ouro a esta edición na súa última cita, que tivo lugar no mercado municipal da Guarda.

Xuño chega ao Rosal cargado de actividades

O mes de xuño chega ao Rosal cargado de actividades de lecer para todos os públicos. O Concello conta para os vindeiros días cunha extensa programación cultural na que haberá cabida para a música, o cine, as actividades medioambientais, conferencias, contacontos ou exposicións, entre outras moitas propostas.

Continúa o ciclo sobre Rosendo Salvado cunha visita guiada pola cidade

Mañá mércores, 1 de xuño, continua o desenvolvemento do ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

O Concello da Guarda participou na comitiva pontevedresa do Revitaliza

O Concello da Guarda participou na comitiva pontevedresa do Revitaliza que viaxou a País Vasco, Navarra e Cataluña, onde se analizou a recollida de residuos Porta a Porta á hora de mellorar as cifras de selectiva e reciclaxe.

Afluencia masiva na concentración contra o desmantelamento da atención primaria no Rosal

Gran resposta da veciñanza contra o desmantelamento da atención primaria no Rosal. O pasado venres máis de 700 persoas se concentraron diante do Centro de Saúde rosaleiro para manifestar o seu malestar ante a situación que está a vivir o municipio.

Obradoiros para alumnado de 6º de Primaria co gallo do Día Mundial Sen Tabaco

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui levou a cabo unha serie obradoiros dirixidos ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Rebordáns e do CEIP nº2 con motivo do Día Mundial Sen Tabaco que se celebra mañá, 31 de maio.

Xunta e Concello de Tomiño asinan o convenio de xestión da depuradora

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en calidade de presidenta de Augas de Galicia, asinou vía telemática o convenio de colaboración co Concello de Tomiño polo que a Xunta de Galicia continuará a facerse cargo da xestión da depuradora de augas residuais do municipio.

O Concello de Tomiño premia o consumo no comercio local co sorteo de 200 carriños para a compra

O Concello de Tomiño continúa dándolle pulo ao comercio da contorna e fomentando o consumo de proximidade. Unha trintena de establecementos dos núcleos de Tomiño, Goián e Forcadela sumáronse a esta proposta da "Campaña Vive!".

A “Aula Mentor” de Oia abre ao público no espazo de novas tecnoloxías do Concello

O Concello de Oia acaba de poñer en marcha unha “Aula Mentor” na nova Aula de Novas Tecnoloxías situada nos baixos do consistorio (antiga biblioteca), a cal funcionará de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A Eurocidade Tui-Valença podería ser pioneira en mobilidade cun vehículo autónomo

A Eurocidade Tui-Valença podería ser a primeira eurocidade europea unida por un vehículo autónomo e sostible. Os mandatarios da Eurocidade, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, amosaron o seu interese neste novo medio de transporte tras probar onte o prototipo deseñado polo CTAG.

A Xunta contratará 16 socorristas para o Baixo Miño, O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai financiar a contratación de 16 socorristas para a próxima campaña de verán en sete concellos das comarcas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta.