Xoves, 18 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A alcaldesa de Tomiño reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, defendeu onte en París a cooperación e a gobernanza transfronteirizas co máximo grao de participación pública.

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do V Concurso de Debuxo

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”.

Tomiño, protagonista dun obradoiro da Facultade Ágora da Deputación

O Concello da Tomiño será o vindeiro xoves 30 protagonista dun dos ‘Obradoiros Ágora’ que está a desenvolver a Facultade Ágora da Deputación para formar ao persoal técnico e político dos concellos da provincia co fin de recuperar espazo público para as persoas.

Tui participa mañá na Asemblea xeral da Red de Juderías de España

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participa mañá venres, 24 de xuño, na cidade de Lucena na 60ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad. Na mesma reuniranse os e as representantes das vinte e unha cidades que integran esta rede de municipios.

A Guarda peregrina a Santiago para presentar su renovada “Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira”

Los alcaldes de A Guarda, Antonio Lomba, y de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, protagonizaron esta mañana en el Mercado de Abastos santiagués un “hermanamiento” cultural y gastronómico con motivo de la presentación de la trigésima edición de la Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que se celebrará del 1 al 3 de julio en la localidad guardesa.

Éxito da primeira edición de Educalimpando

Éxito da primeira edición de Educalimpando, a recollida simultánea de lixo organizada polo Concello de Tui coa participación de sete centros escolares, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

O Rosal acolle o VIII Concerto Coral Ecos do Verán

O Auditorio Municipal do Rosal acollerá este domingo 26 de xuño ás 20:00 h o VIII Concerto Coral Ecos do Verán organizado polo Coro rosaleiro “Ecos do Folón”, que amenizará a velada con este repertorio.

Gran broche final ao obradoiro de canto “Con voz propia” organizado polo CIM da Guarda

No día de onte o alcalde, a Concelleira de Igualdade e a Directora do CIM puideron asistir e participar activamente na obra final na que actuaron xuntas as alumnas do obradoiro da Guarda e o de Baiona.

Tomiño remata o seu percorrido polas parroquias cun balance positivo e novas ideas

Grande acollida da nova edición do programa ‘O Concello escoita’, unha iniciativa que regresou ás parroquias tomiñesas tras o parón obrigado pola pandemia.

Pazos de Reis recibe ao equipo da Axenda Urbana de Tui

O presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis e a membros da directiva da Asociación Cultural Aloia reuníronse co equipo da Axenda Urbana de Tui para trasladarlles as súas necesidades, analizar o seu día a día e abordar o futuro das súas parroquias.

A Guarda programa “Miúdo Verán”, actividades para os máis pequenos da casa

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, programa “Miúdo Verán”, con actividades que terán lugar entre o 7 de xullo e o 11 de agosto, pensadas para os máis pequenos da casa e que contan con cinema, maxia, danza, humor, música e moito máis.

O Concurso de Patrullas da Brilat sairá este mércores dende o centro de Tui

O Paseo da Corredoira de Tui será este mércores o punto de partida da XXI edición do Concurso de Patrullas que organiza a Brilat, que percorrerá a distancia entre Tui e Santiago de Compostela.