Martes, 1 Xullo de 2025

O Baixo Miño

A Guarda reúne a empresarios para dar a coñecer o novidoso e ambicioso Plan Rehabita

Na xornada do martes día 28 de xuño de 2022 a Casa dos Alonso acolleu unha reunión de traballo e presentación a profesionais do novidoso e ambicioso Plan REHABITA posto en marcha dende o equipo de goberno municipal.

Tomiño pon en valor o seu patrimonio románico con concertos líricos e de música medieval

Dentro da axenda de verán do Concello de Tomiño, destaca con luz propia o ciclo “Música e Románico”, organizado por primeira vez dende a Concellería de Cultura, co fin de por en valor o importante patrimonio histórico artístico que representan as igrexas de época románica.

O Rosalinicia co Acanor Novás Valinox un novo ciclo de reunións do programa ‘A veciñanza conta’

Para o Concello é fundamental a participación cidadá para construír entre todos e todas O Rosal do futuro. Estes días, o Concello deu comezo a unha nova edición do programa ‘A veciñanza conta’ cun encontro coa directiva do Acanor Novás Valinox.

A Guarda humanizará a contorna da Igrexa para recuperar espazo público

En vista dos inconvenientes que o BNG puxo á execución da humanización da contorna da Igrexa, a pregunta é obvia: ten algo que dicir Anxo Baz e o seu grupo contra a recuperación do espazo público e a protección e posta en valor do patrimonio que se consigue coa instalación do mobiliario nesta zona?

Heredeiros da Crus celebra o seu 30 aniversario cun concerto na Guarda

O Concello da Guarda súmase ao circuíto de música ao vivo Musigal da Deputación de Pontevedra cunha das citas musicais máis agardadas deste verán na vila, o directo dunha das bandas galegas máis recoñecidas “Heredeiros da Crus”, que se presenta coma o “Fenómeno musical do século en Galicia”.

A Guarda celebra esta semana a diversidade e o Orgullo por terceiro ano consecutivo

As actividades de “A Guarda Diversa 2022” arrancaron xa na xornada deste martes día 28 coa colocación da bandeira do colectivo e coa publicación na web municipal e nas redes sociais do vídeo co Manifesto a cargo do alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

Evangelina Vila Albores “Leo”, recibe os seus 103 anos rodeada do cariño da súa familia e das súas coidadoras

Na residencia de maiores situada en Torrón (parroquia de Sobrada, Tomiño) o día de hoxe espertou diferente.

A humanización da Avenida de Portugal de Tui suporá unha mellora na entrada en Galicia dende Portugal

A humanización da Avenida de Portugal suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Trátase dunha obra “prioritaria e moi necesaria que contribuirá á transformar esta vía” segundo explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o vindeiro 4 de xullo

O Rosal recibe este mes de xullo unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 4 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 8 e sábado 9 de xullo

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 8 en horario de 10:15 ás 14:00 horas e de 16:30 h a 21:00 h e o sábado 9 de 10:15 h ás 15:00 h.

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 26 de xuño, dende ás 10:30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade.

A alcaldesa de Tomiño reclama en París maior atención aos territorios transfronteirizos

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, defendeu onte en París a cooperación e a gobernanza transfronteirizas co máximo grao de participación pública.