Dende este mércores día 14 de setembro están xa abertas as inscricións para a IX edición do Trail do Trega, a proba deportiva que forma parte da Pontevedra Trail League e que este ano celebrarase o domingo 20 de novembro, contando co apoio do Concello da Guarda e das Comunidades de Montes.
O domingo 11 de setembro finalizou en Tui o amplo programa de actividades organizado polo Concello tudense para á celebración da Xornadas Europea da Cultura Xudía, con actividades entre o 1 e o 11 de setembro.
A literatura tamén ten un oco importante na axenda cultural rosaleira. Este venres 16 de setembro o escritor guardés Francisco Álvarez, Koki, presentará ás 20.00 horas na biblioteca municipal do Rosal a súa última obra, ‘Aldea Buxán’.
Para chegar a toda a cidadanía posible o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentou o Plan de Acción da Axenda Urbana de Tui nun especial radiofónico aberto ao público.
Este ano 2022 o movemento asociativo da Guarda retomou con moita forza e ilusión a súa festa asociativa tras dous anos do descanso obrigatorio imposto pola pandemia.
Tui consolídase coma o segundo lugar de inicio do Camiño de Santiago, do mesmo xeito que o Camiño Portugués ocupa o segundo lugar nas rutas xacobeas elixidas polos peregrinos e peregrinas durante o mes de agosto. Os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago sitúan á cidade de Tui como o segundo lugar escollido polos peregrinos e peregrinas xacobeos para iniciar o seu Camiño cara a tumba do apóstolo Santiago na cidade de Santiago.
O Concello de Tomiño continúa coas obras para a reparación, recuperación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, coñecita tamén coma ‘ponte de Hospital’. Trátase dunha ponte do século XVI, de finais da Idade Media, en cantería irregular, dun só vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo que daba paso a un antigo hospital existente na zona.
As persoas afeccionadas á práctica do xadrez teñen unha cita imprescindible o sábado 24 de setembro coa celebración do II Torneo Concello de Oia que se desenvolverá na Casa da Cultura de Torroña. A competición, organizada polo club Albatros e coa colaboración do Concello de Oia, desenvolverase durante a tarde do día 24. O comezo está programado para as 16.00 horas, previa comprobación das listas ás 15.30 horas.
Os centros escolares de Tomiño estrean volta ao cole con instalacións renovadas. O Concello investiu máis de 100.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio que, como é habitual, realizáronse durante os meses de verán para non interromper a actividade lectiva.
O Concello da Guarda fixo balance dun verán 2022 "moi positivo", cunha ampla afluencia de visitantes á vila, que puideron gozar e aproveitar toda a oferta cultural, deportiva e gastronómica guardesa. A Axenda de Verán congregou a meirande parte dos eventos realizados ao longo do verán, onde non faltou a música, a igualdade, as festas populares e gastronómicas, o teatro, as actividades infantís, probas deportivas, a maxia, actividades literarias, feiras comerciais e creativas, entre outras.
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de agosto a un total de 10.656 consultas doutros tantos turistas e peregrinos que se achegaron ata esta Oficina localizada no céntrico Paseo da Corredoira en busca de información para a súa estadía na nosa cidade.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.