Este domingo día 4 de xuño celebrarase o tradicional curro de Torroña, que este ano prevé reunir arredor de 600 bestas e 200 poldros. Como vén sendo habitual, esta rapa terá lugar o primeiro domingo de xuño, sendo o segundo da tempada.
A comunidade de montes de Santa María de Oia, a través do seu proxecto da Casa Forestal, vén de poñer en marcha un ciclo de actividades sobre os curros, co obxectivo de contribuír a divulgar esta tradición tan arraigada na Serra da Groba. Dentro desta programación ofreceranse visitas guiadas os días 3 e 10 de xuño.
A iniciativa 6x6 Punto de Encontro inundará este ano o barrio histórico do Arrabal de arte e cultura. Teatro, danza, música e canto serán os protagonistas dunha xornada festiva que, organizada polo Concello de Oia e baixo a dirección artística de Alfredo Rodríguez (A Artística), celebrarase o domingo 4 de xuño .
O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 31 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 11 anos. Baixo o título “A arte cos 5 sentidos” esta proposta de conciliación desenvolverá actividades arredor da cerámica, pintura, escultura e obradoiros textís.
A tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia co da Valga (Loureza), que se celebra este domingo 14 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central da xornada (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17:00 horas.
A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia visitará Oia nas vindeiras semanas para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria.
O Club de Petanca “O Caldeiro” xunto co Concello de Oia organizan este sábado 6 de maio na Eira do Convento un torneo de petanca co obxectivo de dar a coñecer ese deporte e animar á veciñanza a practicalo. En caso de choiva, a actividade trasladarase a unha nova data.
O Cross de Pedornes volve tras un parón de 27 anos sen celebrarse, cunha nova edición dirixida especificamente aos máis pequenos e pequenas do Baixo Miño e Val Miñor. Esta carreira pedestre infantil celebrarase o próximo 13 de maio con un total de 6 categorías para nenos nados entre o 2010 e o 2022.
A comunidade de montes de Santa María de Oia vén de rematar os traballos de rehabilitación da casa forestal, edificio de grande valor patrimonial que, unha vez recuperado, funcionará como centro de interpretación da Serra da Groba.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 5 ofertas de empresas para executar as obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, no concello de Oia, que suporán un investimento da Xunta de máis de 342.000 euros.
Este domingo 16 de abril a Praza Centinela, no Arrabal, acollerá un concerto de Dextrum Ensemble. A cita musical, que comezará ás 19.30 horas, forma parte do ciclo “Músicas no Camiño Portugués”, que levará á formación galega por diversas localidades.
Responsables da Asociación Española Contra o Cancro visitaron este mércores o Concello de Oia, onde se reuniron coa alcaldesa, Cristina Correa, para facer balance do traballo que a entidade está a realizar na zona.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.