A Icónica, unha proba que uniu Oia e Tui, viviu dúas grandes xornadas a pasada fin de semana. O primeiro percorrido, entre Oia e A Guarda que constaba de 15 quilómetros, celebrouse o sábado, mentres que o domingo as preto de 150 persoas participantes afrontaron un treito, máis esixente co dobre de quilómetros, entre A guarda e Tui.
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, vén de recibir o premio “Dama Azor” en recoñecemento polo apoio e colaboración que a institución municipal presta á Brigada “Galicia” VII BRILAT, que desde hai anos desenvolve no concello parte das súas actividades de preparación militar.
Unha marcha nórdica en Galicia supón un aliciente especial. Así o poderán entender os participantes en La Icónica, o evento que se desenvolverá a última fin de semana deste mes de setembro en Oia, A Guarda e Tui como principais puntos de referencia, e que destinará máis de mil euros en premios. As inscricións están abertas na web laiconica.es e a organización dispuxo dun servizo de autobuses para que os participantes teñan todas as facilidades para afrontala e decidiu aumentar a contía dos agasallos debido a que se espera unha masiva afluencia de participantes. Non se aceptarán, por medidas de seguridade, máis de 200 rexistrados, polo que as prazas non son moitas.
Unha vintena de persoas resultaron feridas como consecuencia dun choque entre un autobús e un cabalo na PO-552, ao paso polo concello pontevedrés de Oia.
A maior parte dos feridos, os máis leves, foron trasladados nun autocar da mesma compañía ao centro hospitalario de referencia, mentres que os que presentaba lesións de maior consideración, en concreto sete pasaxeiros, foron evacuados en ambulancias aos diferentes hospitais da zona.
O sendeirismo e a marcha nórdica daranse a man no desafío 'La Icónica' que se celebrará os días 26 e 27 de setembro. O primeiro día coa etapa entre Oia e A Guarda. A segunda comezará na desembocadura do río Miño e terminará en Tui. Todos estes concellos, incluíndo o do Rosal Tomiño e tamén as cámaras municipais de Vilanova de Cerveira e Valença do Miño, uníronse a esta iniciativa da que se espera un amplo respaldo popular. O primeiro en inscribirse foi o actor, presentador de televisión e destacado deportista David Amor, que se converteu na imaxe da proba. As inscricións xa están abertas na web laiconica.es.
O Concello de Oia acollerá unha das 26 accións que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo en toda a provincia no marco do programa de inserción laboral Tic Emprendes. A actividade profesional elixida neste municipio, de acordo coas necesidades expresadas nunha enquisa entre a poboación obxectivo, é a de guía profesional para itinerarios en bicicleta, polo que as persoas participantes obterán a formación e a capacitación necesarias para desempeñala.
O Real Mosteiro de Oia acollerá esta fin de semana a décima edición do evento “A emoción dos viños”, un escenario impresionante no que achegarse á esencia da terra a través dunha ampla variedade de caldos do país.
Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, vén de cumprir nestes días os 104 anos, un aniversario que festexou esta fin de semana rodeada da súa familia. Como agasallos, o Concello fíxolle chegar á veciña centenaria un ramo de flores e unha torta, presentes que a señora Pura recibiu cun sorriso e facendo gala do seu característico bo ánimo.
A Casa do Concello de Oia acolleu hoxe xoves, 28 de maio, a celebración dun Pleno extraordinario a petición do Grupo Municipal Socialista e que, na orde do día, trataba das medidas encamiñadas a paliar os efectos económicos da crise do COVID-19 nas pemes e autónomos do municipio.
O Concello de Oia celebrará, a petición do grupo municipal socialista, un Pleno Extraordinario que debido á imposibilidade de facerse por medios telemáticos, dos que o Concello carece, farase con "menos quorum" para permitir que concelleiros e conselleiras poidan gardar as distancias de seguridade marcadas pola situación de pandemia da COVID-19. Asi, nesa sesión extraordinaria só estarán 4 representantes do PP, 2 do PSdeG-PSOE e o concelleiro do BNG.
O Concello de Oia programa, este ano, dúas actividades para conmemorar e celebrar o Día da Muller. Este sábado día 7 de marzo haberá unha visita guiada de temática feminina, mentres que para o domingo 15 organizase a Andaina pola Igualdade que percorrerá a nova ruta circular do Mosteiro.
O Concello de Oia adheriuse ao programa de 'Vivendas Baleiras' da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo poder destinar a alugueiro social vivendas desocupadas, sexan de propiedade pública ou ben privada. Grazas a este programa, as persoas titulares de vivendas baleiras poden ofertar a súa vivenda con garantías e, ao mesmo tempo, se lle dá prioridade de acceso a unha vivenda ás familias con poucos recursos económicos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.