Xoves, 15 Maio de 2025

Oia

A Deputación transformará a Praza do Campo de Oia ao abiero do Plan ReacPon

O plan ReacPon da Deputación de Pontevedra suporá a radical transformación da Praza do Campo en Burgueira-Oia cun proxecto de recuperación do espazo público que se traducirá nun novo punto de encontro e de esparexemento para a cidadanía.

O Concello de Oia pon a disposición da veciñanza o modelo de alegacións contra o parque eólico do Merendón

Despois da reunión veciñal sobre o parque eólico do Merendón mantida o martes en Loureza, e tal e como alí se acordou, a páxina web do Concello de Oia vén de incorporar o modelo de alegacións descargables.

O Concello de Oia organiza mañá unha reunión informativa sobre o parque eólico Merendón

O Concello de Oia lembra que mañá terá lugar a reunión convocada para informar sobre o proxecto do parque eólico Merendón, actuación contra a que a Administración local está a preparar as súas alegacións en contra.

O Concello de Oia cancela a cabalgata de Reis

O Concello de Oia de Oia decidiu cancelar a cabalgata de Reis prevista para o día 5 de xaneiro tendo en conta a incidencia da COVID-19.

O Concello de Oia alegará contra o parque eólico Merendón

O Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico do Merendón, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa a está a traballar na análise da documentación sometida a información pública desde o pasado 23 de decembro.

A Xunta renova a cuberta e fontanería do CEIP Mestre Manuel García de Oia

A Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar as obras de renovación da cuberta e da fontanaría do CEIP Mestre Manuel García, no Concello de Oia, cun investimento de 63.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, realizou esta mañá unha visita de supervisión de ambas actuacións, orientadas á mellora da confortabilidade da comunidade educativa e ao proceso de constante modernización do colexio.

O Goberno reafirma o compromiso coa transformación do turismo en Galicia cun investimento de 1,5 M€ no Concello de Oia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno do estado coa cohesión territorial e o impulso ao turismo sostible de Galicia e puxo como exemplo o apoio que ven de acordar o Ministerio de Industria para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística do Concello de Oia, que percibirá 1,5 millóns de euros

Oia obtén 1,5 millóns de euros para crear novas infraestruturas e oferta turística sostible

O Concello de Oia vén de conseguir un investimento de 1,5 millóns de euros destinados á creación de novas infraestruturas turísticas e á diversificación da oferta turística do municipio vinculada ao Camiño de Santiago.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia mañá luns 13 de decembro

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o luns 13 de decembro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

Oia suma un novo veciño centenario

Oia conta desde esta semana cun novo veciño centenario. Trátase de José Miranda Treinta, coñecido no municipio como “Pepe, o Zapateiro”, quen cumpriu os 100 anos gozando de boa saúde e da compaña da súa familia.

Oia acolle en decembro un obradoiro de decoración floral de Nadal

O Centro Cultural de Santa María de Oia acollerá, durante o mes de decembro, un obradoiro de decoración floral de Nadal. A actividade está organizaba pola asociación Fibromiño e conta coa colaboración do Concello de Oia.

Oia felicita á veciña de Burgueira Carmen Álvarez polo seu 102 aniversario

Carmen Álvarez Pérez, veciña da parroquia de Burgueira, cumpriu esta semana 102 anos, sendo a segunda muller máis lonxeva de todo o municipio. Para felicitala en nome do Concello de Oia, a alcaldesa, Cristina Correa, e a tenente de Alcalde, Carmen María Estévez, fixéronlle entrega este venres dunha torta e aproveitaron para transmitirlle os seus mellores desexos.