Domingo, 11 Maio de 2025

Oia

Este luns, día da Virxe do Mar, festivo local en Oia

Este luns 6 de xuño será un dos dous días elixidos pola Corporación Municipal como festivo local para este 2022. A data correspóndese co día dedicado á Virxe do Mar, patroa de Oia e coñecida popularmente polo nome de “A Delamar”.

A “Aula Mentor” de Oia abre ao público no espazo de novas tecnoloxías do Concello

O Concello de Oia acaba de poñer en marcha unha “Aula Mentor” na nova Aula de Novas Tecnoloxías situada nos baixos do consistorio (antiga biblioteca), a cal funcionará de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Concello de Oia e Galicia Ambiental conciencian sobre os perigos das especies invasoras

A Asociación Galicia Ambiental e o Concello de Oia están a desenvolver estes días unha serie de actividades conxuntas co obxectivo de concienciar á poboación sobre o problema das especies invasoras, especialmente no que respecta á herba da pampa (Cortaderia selloana).

O Concello de Oia pon en marcha unha aula de novas tecnoloxías na antiga biblioteca

O Concello de Oia vén de reformar e mellorar o local do baixo do Consistorio que funcionaba como biblioteca co obxectivo de convertelo nun novo espazo dedicado ás novas tecnoloxías.

Oia organiza un concurso escolar de debuxo co gallo das Letras Galegas

O Concello de Oia organiza un concurso escolar de debuxo co gallo do Día das Letras Galegas, o cal premiará os mellores retratos do escritor homenaxeado este año, Florencio Delgado Gurriarán.

Oia abre a tempada de curros este domingo na Valga

A tempada de rapas das bestas comeza esta fin de semana en Oia co tradicional curro da Valga, que se celebra este domingo 8 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada, sendo o momento central da celebración (tarefas de rapa e marcado) arredor das 17.00 horas.

‘Violencia Zero’ leva á reflexión o papel do matriarcado e a lacra do machismo na acción de Cristina Iglesias en Oia

Un grupo de mulleres de Burgueira, a parroquia de Oia, amosou o verdadeiro significado do “matriarcado galego” a través dunha nova acción do programa da Deputación “Violencia Zero, coordinada pola actriz Cristina Iglesias e que tivo lugar na Casa da Cultura. Así, nove mulleres puxeron en escena “O matriarcado da muller na cociña”, unha acción na que alzaron as súas voces sobre temas que elas consideran importantes

Oia acollerá accións contra a herba da pampa na Semana Ibérica sobre Especies Invasoras

A Asociación Galicia Ambiental e o Concello de Oia traballan conxuntamente para concienciar á poboación sobre os problemas que están a provocar as especies invasoras como a herba da pampa (Cortaderia selloana), presente en amplas zonas do país.

A rede móbil de nova xeración chega a Oia

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange implantarán nas próximas semanas en Oia os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G (sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente).

A unidade móbil de “Coidados porta a porta” estará en Oia do 25 ao 28 de abril

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” que a Xunta de Galicia vén de poñer en marcha visitará Oia este mes de abril, ofrecendo consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación de memoria. O vehículo situarase na explanada do campo de fútbol de Oia os días 25, 26, 27 e 28 deste mes.

Oia suma unha nova ruta sendeirismo sinalizada, a cal une as parroquias de Burgueira e Loureza

O Concello de Oia vén de crear unha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km e dificultade moderada (350 metros de desnivel positivo) que une diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

Novas axudas do Plan Concellos a Gondomar, Baiona e Oia

A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.