Xoves, 1 Maio de 2025

Oia

Oia estrea a renovada pista multideporte de Lourenza

A pista multideporte de Lourenza, en Oia, foi renovada recentemente para mellorar as súas condicións

A Xunta inviste 30.000€ na mellora da sinalización turística da ruta Torroña – Burgueira, en Oia

Permitirá potenciar esta atractivo turístico, preparándoo para o sendeirismo e mellorando a comodidade dos visitantes

O Centro Cultural de Mougás, Oia, acollerá unha charla informativa sobre alimentación e fibromialxia

O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia, conferencia que será impartida polo dietista e nutricionista Adrián Martíns Salinas baixo o título A importancia da alimentación na fibromialxia. Trátase dunha actividade aberta dirixida a todas as personas interesadas no tema.

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación

O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

Oia abre a inscrición para o obradoiro de teatro veciñal 2024

O Concello de Oia pon en marcha unha nova edición do obradoiro de teatro veciñal, para o que ten xa aberto o prazo de inscrición. Ao igual que aconteceu nas anteriores convocatorias, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o martes 2 de xaneiro

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este martes 2 de xaneiro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.

Compostaxe doméstica, clave para a redución do lixo en Oia

Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.

A programación de Nadal enche Oia de actividades en familia

A programación de Nadal do Concello de Oia chega este sábado e, ao longo das vindeiras semanas, ofrecerá actividades para gozar en familia e prestando especial atención á rapazada

Oia inicia as obras de renovación do céspede do campo de fútbol das Tornas

Os traballos de renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal das Tornas, en Santa María de Oia, están xa en marcha.

A Deputación transformará o antigo mercado de Oia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, asinaron este luns un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) a través do cal o goberno provincial financiará con máis de case 400.000 euros, o 40 % do orzamento, os traballos para a rehabilitación do mercado de Oia.

Oia adquire un novo vehículo eléctrico coa axuda da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Oia, que recibiu unha axuda de máis de 28.000 euros grazas ao Fondo de Compensación Ambiental para a compra de un vehículo.

O programa da Deputación “Da túa man” chega a Oia, A Guarda, Covelo e Crecente

A Deputación de Pontevedra segue fomentando novas medidas para apoiar e impulsar o comercio e a hostalería da provincia a través do programa “Da túa man” (rural II), que se desenvolve na Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Monte, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.