Martes, 13 Maio de 2025

O Rosal

Comezan as visitas guiadas aos petróglifos do Rosal

programación de verán do Rosal continúa esta semana co arranque das visitas guiadas aos petróglifos do concello. Esta actividade ten programadas tres saídas totalmente gratuítas ao longo dos meses de xullo e agosto para visitar diferentes puntos do municipio no que se conservan estes gravados rupestres e coñecer máis detalles sobre a súa historia. As visitas guiadas terán un aforo máximo de 10 persoas e para poder participar é necesaria inscrición previa chamando ao teléfono 986 625 000. A inscrición poderá facerse ata o mesmo día da actividade ás 14:00 horas.

O Grupo Filatélico e Nusmismático Val do Rosal presenta a súa exposición sobre os cuños turísticos na Feira do Viño

O Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal colabora na XXVIII Feira do Viño cunha das súas tradicionais exposicións, unha mostra que nesta ocasión é totalmente virtual coa que se busca non perder o fío e manter a continuidade das actividades que o grupo realiza cada edición, tan representativas no mundo filatélico e vinícola.

O Concello aposta polas actividades ao aire libre na súa programación de verán

A nova realidade mudou tamén a forma de vivir o verán no Rosal. Seguindo as recomendacións sanitarias para previr posibles riscos de contaxio, o...

A Feira do Viño do Rosal estrea páxina web e tenda en liña

A Feira do Viño estrea páxina web. Dende hoxe mesmo o público poderá informarse e desfrutar de todo o que acontece e acontecerá na XXVIII edición da feira a través de feiradoviño.gal, unha páxina que artellará toda a programación virtual e a propia tenda en liña na que se poderán mercar aos mellores prezos viños con D.O. Rías Baixas subzona O Rosal das adegas Aforado, Aldea de Abaixo, Altos de Torona, Lagar de Cervera, Pedregales, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Terras Gauda e Val Miñor.

A praia das Eiras contará con socorrista dende esta mesma fin de semana

A praia das Eiras contará dende esta mesma fin de semana cun socorrista encargado das tarefas de vixilancia, prevención e salvamento das persoas que acudan durante a tempada fluvial a esta praia e á súa contorna, así como do control das medidas de seguridade derivadas da nova normalidade consecuencia do COVID-19.

O Rosal comparte a guía elaborada por Sogama para gozar dos espazos naturais de xeito sostible

Aproveitando que comeza o bo tempo, dende o Concello do Rosal queremos compartir a guía elaborada porSogama 'Reinventa as túas vacacións de verán’, que recolle unha serie de consellos moi útiles para desfrutar dos nosos espazos naturais dun xeito máis sostible.

Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Centro de Saúde do Rosal

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia a precaria situación na que se atopa o centro de saúde do concello, a falta de persoal e o consecuente deterioro da atención sanitaria, xa que na actualidade a demora nas citas de atención primaria están a ser dunha media de 20 días.

O Rosal contratará a un socorrista para a praia das Eiras durante xullo e agosto

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha o proceso selectivo para a contratación dun/ha socorrista para prestar servizo na praia das Eiras durante o meses de xullo e agosto. Será un contrato temporal a xornada completa no que a persoa contratada deberá desenvolver tarefas de vixiancia, prevención e salvamento de bañistas e demais persoas usuarias que acudan durante a tempada estival a esta praia e á súa contorna.

O Rosal manterá os parques infantís pechados

O Concello do Rosal manterá pechados polo momento todos os parques infantís do municipio ao non poder asumir as condicións sanitarias establecidas para a súa reapertura. Por responsabilidade e dada a situación que se está a vivir, o Concello decidiu adiar o posible uso destas instalacións, dado que a limitación de recursos non permite executar as medidas de seguridade e prevención ante os posibles contaxios fixadas dende a Xunta, unha decisión que tamén está tomando a meirande parte das administracións locais.

Ramón Fernández Leal toma posesión como novo concelleiro de Participación Veciñal e Voluntariado do Rosal

O Concello do Rosal celebrou este luns un pleno extraordinario no Centro Social Polivalente no que tomou posesión o novo concelleiro municipal, Ramón Fernández Leal, que estará ao fronte dos departamentos de Participación Veciñal e de Voluntariado, de nova creación, para darlle un maior peso a unhas áreas de grande importancia no municipio, que conta cun amplo e activo tecido asociacionista.

A Biblioteca do Rosal reabre a zona de estudo en sala en mesas individuais

A Biblioteca Pública do Rosal inclúe novas medidas nesta terceira fase de desescalada. Dende este xoves 11 de xuño reábrese a zona de estudo en sala con catro mesas individuais separadas para garantir a distancia mínima de seguridade entre as persoas usuarias que queiran facer uso do servizo. As persoas interesadas poderán acudir á sala de estudo pola mañá de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e pola tarde no horario habitual da biblioteca.

A Deputación remata os traballos de mellora da mobilidade peonil na EP-3302 no Rosal

A Deputación de Pontevedra vén de rematar no concello do Rosal os traballos de mellora da mobilidade peonil na EP-3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo entre os puntos quilométricos 1+365 e o 1+940. Así, con esta obra, que contou cun orzamento de 178.743,39 euros, o ente provincial reafirma o seu compromiso de mellora do conxunto da rede de estradas provinciais dentro do seu obxectivo de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria.