Domingo, 14 Setembro de 2025

O Rosal

O Rosal camiña cara a eficiencia enerxética

O Concello do Rosal deu esta semana o primeiro paso dun plan estratéxico que procurará camiñar cara un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Trátase da adxudicación dun contrato para a redacción dunha auditoría enerxética co que coñecer o estado actual do municipio, tanto no consumo da iluminación pública exterior coma no conxunto das instalacións municipais, co obxectivo de establecer un conxunto de reformas e melloras encamiñadas a facer un uso racional da enerxía.

O Concello do Rosal amplía a información turística na súa web

O Concello do Rosal vén de implementar unha nova área de información turística na súa web coa que dar a coñecer os puntos de interese do municipio rosaleiro. Esta actualización adquire maior importancia ao permanecer fechada na actualidade a oficina de información turística municipal debido á situación de crise pandémica.

Un home perde a vida ao saírse da vía a moto na que circulaba no Rosal

Un home perdeu a vida onte pola tarde no Rosal, despois de sufrir unha saída de vía coa moto na que circulaba. Sucedeu no punto quilométrico 52 da PO-552, á altura da parroquia de San Miguel de Tabagón.

O Rosal segue berrando por unha sanidade pública digna

Por cuarto mércores consecutivo, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal volveu concentrarse diante do centro de saúde do municipio para reivindicar melloras na asistencia sanitaria. Dende a organización declaran que non pararán de mobilizarse ata que as súas reivindicacións sexan atendidas.

Continúa a posta en marcha do proxecto da ‘Explanada do Horizonte’

Logo dun intenso período de tramitacións burocráticas e consecución de permisos, as obras de adecuación e remodelación do lugar continúan avanzando. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, estivo facendo unha visita de seguimento das obras do proxecto levado a cabo pola arquitecta e paisaxista María Fandiño. Na área foron feitas xa varias actuacións como a colocación do pavimento, a instalación de mobiliario urbano ou a creación da área de xogos infantís. Tamén se procedeu á plantación de vexetación autóctona seguindo os criterios da administración autonómica.

A Banda da Agrupación Musical do Rosal adapta o seu ‘Festival de Músicos Xoves’ á nova realidade

A Banda da Agrupación Musical do Rosal adapta o seu tradicional Festival de Músicos Xoves á nova realidade que trouxo a crise sanitaria por mor da COVID-19. Ante a imposibilidade de xuntar nun mesmo espazo e mantendo a distancia de seguridade aos seus máis de 70 compoñentes, a agrupación decidiu modificar o formato deste festival que se viña celebrando dende hai xa 30 anos para seguir levando a música a cada recuncho do municipio rosaleiro.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará no Rosal o vindeiro xoves 6 de agosto

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase de novo ata O Rosal o vindeiro xoves 6 de agosto. O autobús estará situado na Praza do Calvario e permanecerá aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

O Rosal súmase á Rede de Concellos Ágora polo espazo público

O Rosal aprobou este xoves en pleno ordinario a súa adhesión á Rede de Concellos Ágora, unha rede de acción institucional entre concellos e Deputación de Pontevedra que ten como prioridade a revalorización do espazo público e a súa recuperación para o desfrute da veciñanza.

‘Ponte na súa pel’ para concienciar sobre igualdade e prevención de violencia de xénero

O Concello do Rosal pon en marcha unha nova campaña para concienciar aos rosaleiros e rosaleiras sobre igualdade e violencia de xénero. Trátase do ciclo de charlas formativas ‘Ponte na súa pel’, cinco conferencias impartidas por persoal cualificado en violencia de xénero coas que concienciar, asesorar e informar sobre cuestións de igualdade a comerciantes, clubs deportivos, profesorado, alumnado, asociacións de nais e pais, familias ou asociacións culturais, así como ao público xeral.

O Rosal reformará integramente o seu mercado para convertelo nun espazo vivo e con futuro

O Concello do Rosal iniciará este ano a reforma íntegra do seu mercado para convertelo nun espazo vivo e con futuro co que fomentar a compra de produto local de proximidade, promover actuacións que fagan o comercio local máis atractivo e competitivo e dinamizar o núcleo urbano económica e socialmente.

O Rosal presenta o proxecto de renovación e mellora do seu mercado

O Concello do Rosal remodelará a súa praza de abastos para transformala nun centro de comercio local e de proximidade que dinamice a contorna e que conte con todas as implementacións necesarias para ser un mercado de excelencia. O Concello invita a toda a veciñanza a participar o vindeiro martes 28 de xullo a partir das 20.00 horas na presentación do proxecto de renovación e mellora no Salón de Exposicións do Concello do Rosal (baixo do Concello).

O Rosal celebra as festas do Pilar con música e un espectáculo para toda a familia

O Rosal celebra este 24 e 25 de xullo as súas tradicionais festas na honra da Virxe do Pilar cunha programación cultural na Praza do Calvario na que a música e o entretemento para toda a familia son os grandes protagonistas. Así, as festas comezan este mesmo venres 24 de xullo con Tanxarina Teatro e o seu ‘Titiricircus’ (20.00 h), un espectáculo de marionetas de fío que transportará ao público ás tardes de circo a través de distintas personaxes que van recordando as glorias do seu pasado na pista.