Domingo, 11 Maio de 2025

O Rosal

‘Flipa cos contos’ da o pistoletazo de saída á programación de outono do Rosal

Os contacontos serán os protagonistas da primeira cita coa programación cultural de outono do Rosal. Este sábado 3 de outubro a compañía Bandullo Azul estará no salón de exposicións con ‘Filipa cos contos’, unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público.

O Rosal dá o primeiro paso para a remodelación da Praza do Calvario

Primeiros pasos para a remodelación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, tres concelleiros, o arquitecto municipal e dous técnicos da área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra pertencentes ao plan Ágora mantiveron este mércores a primeira reunión co equipo da empresa adxudicataria encargada da redacción do proxecto construtivo, básico e de execución para a transformación deste núcleo urbano, Urbin.

O Rosal arranca a súa axenda cultural para este outono cunha programación diversa

O outono chega ao Rosal cunha axenda cargada dunha morea de actividades de lecer para todos os públicos. O Concello presentou este mércores a programación cultural para os vindeiros meses de outubro e novembro, case unha vintena de propostas moi diversas entre as que haberá contacontos, circo, música, exposicións, charlas e visitas guiadas abertas a todos os públicos.

O Rosal reinventa as súas actividades anuais para adaptalas á nova realidade

O Rosal continúa a traballar para que a veciñanza teña unha ampla oferta de actividades deportivas e de lecer ao alcance da man. Neste sentido, ante a limitación que supón a crise sanitaria para realizar actividades en instalacións municipais, o Concello colaborará con diferentes asociacións que se farán cargo das actividades anuais de pilates, restauración, pintura e ioga.

O Rosal investirá preto de 30.000 euros na desinfección dos centros públicos

O Concello do Rosal asumirá o custo das tarefas de desinfección dos centros educativos do municipio por responsabilidade co ensino público e coa saúde de todas e todos. Non obstante, a administración local é unicamente responsable da limpeza dos centros escolares pero non da súa desinfección.

O Rosal presenta a veciñanza o proxecto do que será o ‘Ecoparque Viso dos Eidos’

O Concello do Rosal convoca á veciñanza para coñecer os detalles do proxecto do Ecoparque Viso dos Eidos. A presentación e exposición pública realizarase o vindeiro martes 29 de setembro na Praza de Martín, onde a alcaldesa, Ánxela Fernández, e a arquitecta María Fandiño explicarán o que se realizará na contorna e na que os veciños e veciñas poderán achegar as súas suxestións ou resolver dúbidas.

Homenaxe ao D. Isaac polos seus 50 anos no Rosal

D. Isaac Penelas cumpre 50 anos ao fronte da parroquia de Santa Mariña do Rosal, medio século de vida no que o crego converteuse nun piar do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello rendeulle este venres unha homenaxe agasallándoo cunha figura de Castelao de Sargadelos gravado coa frase ‘Grazas D. Isaac por estes 50 anos no Rosal’.

O Rosal aprobas as bases para a concesión de subvencións para actividades sociais

Por primeira vez na súa historia, O Rosal conta cun Plan Estratéxico de Subvencións, unha ferramenta a través da que realizar unha planificación detallada a medio e longo prazo das axudas ao tecido asociativo. Neste marco, o Concello aprobou este xoves 24 en pleno as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante 2020. A estas axudas destinarase un orzamento de 5.000 euros.

Recoñecemento no Rosal ás mulleres artistas silenciadas coa acción de Mónica Sueiro no programa provincial “Violencia Zero”

“Subterránea” é a peza coa que a artista Mónica Sueiro reivindicou na praza do Calvario do Rosal ás mulleres pintoras e artistas que foron silenciadas ao longo da historia, ante ao redor de 60 persoas entre as que se atopaban o alumnado e profesorado de 6º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier e integrantes da Asociación Avelaíña.

O Rosal adapta o seu auditorio municipal á nova realidade

O Concello do Rosal vén de levar a cabo os traballos de modificación do auditorio municipal para adaptar estas instalacións á nova realidade. Deste xeito, nos últimos días retiráronse varias filas de butacas e procedeuse á ampliación do escenario para poder garantir o mantemento das distancias de seguridade durante o seu uso tanto por parte da Escola de Música como durante os ensaios da Agrupación Musical do Rosal, con máis de 80 integrantes.

O Concello reúnese coa Xunta para falar do desenvolvemento da área industrial do Rosal

O Concello do Rosal mantivo este mércores 23 de setembro unha reunión con responsables do Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) para abordar a situación na que se atopa na actualidade o parque empresarial supramunicipal A Guarda-O Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, acudiu ao encontro co director xeral do IGVS, Heriberto García, acompañada polo equipo técnico redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Rosal, que se atopa nestes intres en pleno desenvolvemento.

Evolución positiva da situación epidemiolóxica no Rosal, con só 10 casos activos

O Concello do Rosal destaca a evolución positiva da situación epidemiolóxica do municipio, que nos últimos días como descendía paulatinamente o número de casos activos de COVID-19. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade, nestes intres só quedan 10 casos positivos no concello. Recordamos que se consideran casos activos o de aquelas persoas que tendo o seu médico de cabeceira adscrito ao centro de saúde do Rosal deran positivo na proba PCR e aínda non recibiron a alta médica.