Mércores, 2 Xullo de 2025

O Rosal

A Feira do Viño do Rosal retomará parte do seu carácter presencial

Concello e adegueiros traballan xa man a man para poñer en marcha unha nova edición da Feira do Viño do Rosal adaptada ás novas circunstancias. O obxectivo é recuperar parte do carácter presencial para celebrar a XXIX edición os vindeiros 16, 17 e 18 de xullo.

Iván Roade e Natalia Sierpes triunfan no IV Trail Muíños do Folón

Iván Roade e Natalia Sierpes foron os gañadores, nas categorías masculina e feminina, do IV Trail Muíños do Folón que se disputou no Rosal. Sobre unha distancia de 15 quilómetros ambos demostraron ser os mellores.

O Rosal e Paredes de Coura, escenarios do segundo Foro da Cultura Transfronteiriza

O Rosal e Paredes de Coura serán os dous escenarios nos que transcorran os encontros da segunda edición do Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo, II Culturmiño, organizado polo AECT Río Minho da man da CIM Alto Minho e do Centro de Esturos Eurorrexionais (CEER) e que se prolongará durante todo o mes de maio e xuño co obxectivo de concretar propostas e iniciativas culturais conxuntas no territorio miñoto coas que optar a fondos europeos.

O Rosal acollerá o mércores 12 de maio a unidade móbil de doazón de sangue

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata o concello do Rosal este mes de maio. Será o vindeiro mércores 12, día no que o autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.

A Agrupación Musical do Rosal celebra o seu 35 aniversario cun concerto na Praza do Calvario

O Rosal continúa coas actividades culturais organizadas para este mes de maio. Este domingo 9 será a quenda da Agrupación Musical, que celebrará o seu 35 aniversario cun concerto na Praza do Calvario a partir das 18.00 horas ao que queren convidar a todos os rosaleiros e rosaleiras.

Máis de 400 deportistas danse cita este domingo no ‘Trail Aventura Muíños de Folón’ no Rosal

A cuarta edición do Trail Aventura Muíños do Folón chega este domingo ao Rosal cunha proba adaptada ao cento por cento á nova realidade. Máis de 400 persoas participarán nesta carreira cun percorrido de 15 quilómetros e un protocolo sanitario específico deseñado para velar pola saúde de todas as persoas: durante unha hora e media celébranse saídas de dous corredores cada 20 segundos.

José Carlos Martínez Crespo, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE do Rosal

O presidente da Comisión Xestora do PSdeG-PSOE do Rosal, Miguel A. Rodríguez Velasco, convocou para onte, xoves 6, de maio a Asamblea Extraordinaria para a elección da nova Executiva Municipal socialista. A Asemblea, que tivo lugar no Centro Polivalente do Rosal votou a lista consensuada e elixida polas afiliadas e afiliados e, polo tanto, con voto unánime.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia un paso máis no deterioro do servizo de Atención Primaria

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e deficiencias nas instalacións.

O Rosal estrea a renovada praza de abastos “cun espazo do século XXI” exemplo de dinamización na provincia

Baixo o mellor acompañamento musical dun grupo de gaitas e un cuarteto da Escola de Música local, e cunha nutrida presencia de veciños e veciñas, así como de representantes municipais de todos os concellos do Baixo Miño, o emblemático edificio do Mercado do Rosal estreou hoxe por todo o alto a súa renovada imaxe. Trátase do primeiro paso dunha reforma impulsada polo Concello que ten como obxecto converter este inmoble nun espazo vivo co que propiciar o comercio de proximidade e o consumo dos produtos da zona e, con eles, a dinamización do núcleo do Rosal económica e socialmente.

O Rosal inaugura o seu renovado mercado municipal o vindeiro martes 4 de maio

O Rosal estrea o vindeiro martes 4 de maio o seu renovado mercado municipal. Será cun acto inaugural ás 10.30 horas aberto a todo o público no que participarán a alcaldesa, Ánxela Fernández; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a directora xeral de Agader, Inés Santé; membros da Corporación municipal e os propios praceiros e praceiras.

O Rosal traslada ao delegado territorial da Xunta as necesidades do municipio

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, mantivo este xoves xunto a varios concelleiros unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta de Galicia, Luis López, un encontro institucional no que o Goberno municipal aproveitou para trasladar ao delegado as necesidades de mellora detectadas no concello en diferentes eidos como a educación, o transporte público, a sanidade, a dependencia ou as infraestruturas.

Maio chega ao Rosal cargado de actividades

Maio chega ao Rosal cargado de actividades culturais de balde para todos os públicos: monicreques, música, unha exposición e mesmo un espectáculo de tradición oral e palabras cruzadas con tres recoñecidos narradores.