A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, en colaboración co Concello, convocan para o vindeiro mércores 8 de decembro ás 12.00 horas unha concentración para denunciar a actual e precaria situación da atención primaria no municipio, que foi quedando sen servizos cos que prestar unha asistencia sanitaria digna e de calidade a toda a veciñanza.
O Rosal rematou onte a súa programación polo 25 N cunha charla da traballadora social e coordinadora do CIM da Guarda, Yolanda Villaverde, co alumnado de 3º da ESO do CPI Suárez Marquier.
O Nadal chegará ao Rosal cheo de actividades. O Concello acaba de presentar unha programación navideña con 17 propostas de ocio para maiores e pequenos, que comezará este venres ás 18.30 horas co acendido do alumeado en todo o municipio
Entregado, incansable e “comprometido coa agricultura” e a súa transformación para garantir o seu futuro. Así foi Xosé Pérez Varela, Pepe Varela, a quen O Rosal quixo renderlle homenaxe para enxalzar o seu labor “continuo e diverso”.
O Concello do Rosal organiza un ano máis un campamento de Nadal para que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar das vacacións cuncha chea de actividades.
Novo episodio de precariedade na sanidade pública do Rosal. O centro de saúde acaba de quedarse sen médicos para consulta, despois de dúas baixas, unha de longa duración, ás que a Xunta non substitúe e un posto que aínda que non se cubriu con ningún profesional.
O Concello do Rosal aposta polo sendeirismo como medio para dar valor ao seu patrimonio natural e atraer visitantes ao municipio. No marco desta estratexia acaba de renovar toda a sinalización do Sendeiro de Pescadores, un percorrido que comeza na contorna da praia das Eiras e que discorre 7,5 km polas ribeiras dos ríos Miño e Carballas.
O Rosal remata a súa programación outonal como a comezou, con teatro. Os Quinquilláns presentan este domingo a súa obra “A pluma viva de Rosalía” no Auditorio Municipal.
O Rosal declárase un ano máis en contra da violencia de xénero e de calquera tipo de agresións. Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello pon en marcha unha nova edición da exposición ‘Eu tomo partido, e ti?’.
O Rosal quere converter o espectacular Magnolia Soulangeana de San Miguel de Tabagón en árbore senlleira. O Concello aprobará este xoves 25 en pleno (ás 20.30 horas no salón de plenos do Concello) a solicitude para incluír este exemplar no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
As rúas Xulio Sesto e Fornelos e a estrada da Loureza, no concello do Rosal, locen un novo aspecto tras ser renovados 46 puntos de luz a través dunha achega do IDAE que foi xestionada pola Deputación de Pontevedra. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, achegouse ao municipio para coñecer de preto esta actuación, que contou cun orzamento de 23.700 euros e supón un aforro enerxético do 70 %.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.