O Goberno da Deputación dará luz verde hoxe venres a un novo investimento de 1,1 millóns de euros en achegas do Plan Concellos que beneficiarán a cinco municipios da provincia, A Guarda, Ponteareas, O Rosal, Soutomaior e Tui.
O Rosal continúa camiñando para converterse nun municipio máis sostible. O Concello vén de recepcionar as obras de instalación da caldeira de biomasa para a produción de calefacción mediante combustible de pellet de madeira na Escola Unitaria de Pancenteo, unha renovación que irá unida á da caldeira da Casa Consistorial, xa en marcha.
O programa ‘Educando en familia’ chega ao seu fin este curso escolar cunha nova charla coa que continuar dando resposta a moitas das inquedanzas coas que día a día se atopan nais e pais rosaleiros.
Concello e adegas camiñan da man para preparar unha nova edición da Feira do Viño do Rosal, unha edición que a organización decidiu de forma unánime mudar de data este ano para poder celebrala na Praza do Calvario, o seu escenario tradicional, e manter o dinamismo comercial que cada ano xera a feira na contorna.
O Concello do Rosal inicia unha campaña de sensibilización e concienciación cidadá sobre a situación na que se atopan as reservas de auga na comarca e a necesidade de facer un consumo responsable da auga.
O Concello do Rosal busca a dúas persoas novas para ofrecerlles o seu primeiro emprego. Trátase de dúas contratacións que se realizarán ao abeiro do programa ‘Primeira experiencia profesional’ da Deputación de Pontevedra, a través da que se ofertará un posto para unha persoa graduada en Dereito e outro para unha persoa graduada en Arquitectura técnica.
O Rosal dá un novo paso para converterse nun municipio máis inclusivo e accesible. O Concello vén de sacar a licitación a instalación do ascensor e a reforma interior do pavillón municipal para a mellora da accesibilidade vertical.
As obras para mellorar a mobilidade peonil da EP-3303 entre Tabagón e Goián, no concello do Rosal, avanzan ao ritmo esperado e está a piques de rematar.
O Museo de Pontevedra vai acoller o vindeiro sábado 11 de xuño un ‘Vieiro polo Museo de Pontevedra con Florencio Delgado’. Trátase dun percorrido pola traxectoria vital e literaria do autor protagonista este ano do Día das Letras Galegas guiado por Polo Correo do Vento.
O Camiño do Cardal e a Estrada de Ferreiros será o epicentro do ciclismo esta fin de semana. O concello acolle este sábado 4 de xuño o XVI Trofeo Montes do Rosal.
O cineasta rosaleiro Gon Caride segue a ser profeta na súa terra. O galardoado director desembarca de novo no Baixo Miño para estrear o seu novo filme, ‘O Grilo’, no territorio que o veu nacer e crecer: O Rosal e Tomiño.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.