Domingo, 4 Maio de 2025

O Rosal

O Rosal recoñece a dedicación ao deporte de Manuel Armán cun premio

Grande acollida da primeira edición do ‘Encontro co deporte’, un acto organizado polo Concello do Rosal co que se buscaba recoñecer o gran traballo das bases deportivas rosaleiras.

Alumnado do Rosal achégase á figura de Domingo Fontán

Foi o impulsor da xeografía moderna en Galicia e a primeira persoa en elaborar un completo mapa do país, a súa Carta Xeográfica de Galicia. Foi Domingo Fontán, histórico matemático e cartógrafo galego, unha figura que agora se achega á mocidade rosaleira a través do Servizo de Patrimonio Documental de Bibliográfico da Deputación de Pontevedra.

Máis de 240 nenos participan no XI Torneo Infantil ORosalCup

O Rosal volve encherse de deporte durante a Semana Santa. Máis de 240 nenos participarán esta semana no XI Torneo Infantil ORosalCup, unha nova edición deste xa tradicional evento deportivo organizado pola UD Ribera en colaboración co Concello, Deputación de Pontevedra, Real Federación Galega de Fútbol e Deporte Galego.

Inauguración do novo espazo gastronómico do mercado do Rosal

O Mercado Municipal do Rosal vén de completar a súa transformación integral para converterse nun espazo vivo e con futuro, co obxectivo de dinamizar o concello económica e socialmente.

O peche con balance positivo do Orzamento do 2022 evidencia a boa xestión do Goberno municipal

O Concello do Rosal goza de boa saúde económica. O Goberno municipal aprobou este xoves en pleno a liquidación do orzamento para o ano 2022, que se pechou cun balance económico moi positivo. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou o gran resultado acadado a nivel orzamentario o exercicio pasado, que se pechou cun remanente de tesourería de 1,4 millóns de euros, por riba dos 1,2 millóns de euros de remanente de tesourería xa acadados no ano 2021.

O Rosal estrea grupo de voluntariado de limpeza da natureza

O Rosal estrea esta fin de semana o seu grupo de voluntariado de limpeza da natureza cunha saída coa que seguir coidando a contorna. “É moito máis que un xesto, participar en iniciativas como esta ten un impacto moi positivo no noso concello ao tempo que fomentamos a concienciación e participación activa da veciñanza no coidado do noso medio ambiente e gozan de tempo de lecer en espazos naturais”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Concello e Sanidade asinan o protocolo para a ampliación do centro de saúde do Rosal

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinaron este xoves o protocolo de colaboración para a execución das obras de reforma e ampliación do centro de saúde rosaleiro, un edificio construído no ano 1992 que na actualidade presta asistencia a 4.658 tarxetas de identificación sanitaria e que é preciso modificar para a incorporación de novos profesionais e servizos.

Cooperación, solidariedade e reciclaxe este sábado con ‘Traperos de Emaús’ no Rosal

O compromiso ambiental e social son as bases de Traperos de Emaús, unha asociación pioneira en Europa no campo da reutilización e aproveitamento de residuos e que este sábado 25 de marzo falará no Rosal da súa filosofía colectiva e do traballo que están a desenvolver.

O Rosal mellora a accesibilidade dos vestiarios do campo de fútbol da Mata

O Concello do Rosal segue dando pasos na súa aposta por un municipio máis inclusivo e accesible para todas as persoas e en todos os eidos da vida.

O alumnado do Rosal aprende a reciclar nas aulas coa campaña «Traballando co lixo»

Aprender dende cativos e cativas a reciclar os diferentes residuos. Ese é o obxectivo de ‘Traballando co lixo’, unha campaña posta en marcha polo Concello do Rosal coa que se busca implicar a rosaleiros e rosaleiras nunha correcta xestión dos residuos dende a infancia.

A Semana Santa chegará ao Rosal co turismo e a natureza como protagonistas

O Rosal prepárase para unha Semana Santa na que o turismo e a natureza serán os grandes protagonistas.

O Rosal capta 150.000 euros de fondos europeos para a Escola de Pías

A reforma integral da Escola Unitaria de Pías foi o primeiro gran paso na estratexia do Concello de remodelación progresiva de todos os centros do CRA María Zambrano, un investimento de arredor de 200.000 euros para os que o Goberno municipal captou fondos europeos para o seu financiamento.