Martes, 8 Xullo de 2025

A Guarda

“Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra para abrir a tempada teatral no Centro Cultural da Guarda

O vindeiro 9 de outubro chega ata a Guarda á peza teatral “Un home con lentes de pasta”, unha comedia negra que versa sobre as relacións humanas, a presión das conviccións sociais, da necesidade de contar historias, de escoitalas e de formar parte delas.

A Xunta concede 23 cursos de formación para desempregados no Condado e no Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar a celebración de 23 cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) nas bisbarras do Condado e O Baixo Miño cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

A Guarda acolle unha Formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”

Na tarde do mércores día 29 de setembro de 2021 o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial” enmarcada no proxecto Atlantic Culture Scape.

A 15k do Atlántico regresa este domingo

A VIII 15K do Atlántico Banco Mediolanum, que terá lugar o próximo domingo con saída en Oia e chegada na Guarda co paso polo Rosal, entra nunha nova dimensión e da un empuxón máis para o “regreso á nova normalidade deportiva”.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 1 e sábado 2 de outubro

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o venres 1 en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 2 de 10:00h ás 15:00h.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda mobilizarase novamente

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública da Área Sanitaria de Vigo, súmase a unha manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo.

A Guarda conmemora o Día Mundial do Turismo con visitas guiadas especiais ao castro de Santa Trega

O luns día 27 de setembro celebrase o Día Mundial de Turismo e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita.

A Guarda acollerá as Misas do Día de Santa Trega na Igrexa Parroquial

A Guarda acolle este xoves as celebracións do Día de Santa Trega (festividade local do día 23 de setembro), que neste ano tan atípico, e ao igual que sucedeu o ano pasado debido ás medidas de prevención motivadas pola pandemia da Covid-19, terán que realizarse dun xeito distinto.

Aberto o prazo de inscrición nas DEPOrtescolas 2021-22 da Guarda

Este luns día 20 de setembro abriu o prazo de inscrición nas “DEPOrte Escolas", un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

A Guarda contará cun Obradoiro de Emprego Dual orientado á atención sociosanitaria en institucións e promoción turística local

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de anunciar a concesión para o Concello da Guarda dun novo obradoiro de emprego de formato dual, trátase do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII, orientado á atención sociosanitaria en institucións e á promoción turística local e información ao visitante.

Un alumno da Guarda rexeitado por non poder desprazarse a Santiago en 24 h para matricularse nun curso superior 100 % online

Hai algo máis incongruente que rexeitar a un alumno por non poder presentars, nun prazo de 24 horas en Santiago, para matricularse nun ciclo superior 100 % online? Dificilmente, sería a resposta máis lóxica pero, as veces a lóxica asemella non ter cabida en determinados trámites ou instancias educativas e, como afirma o dito, a realidade sempre supera a ficción.

A Guarda, verán culturalmente activo e seguro

O Concello da Guarda ven de pechar a programación do verán 2021, caracterizada por unha programación realizada de acorde ás medidas sanitarias vixentes e con exhaustivos protocolos e medidas covid-19, que favoreceron a realización de actividades culturais con todas as garantías sanitarias.