Luns, 7 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda presentou a asociacións e entidades as actuacións aprobadas no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino

O concello da Guarda consegue sacar adiante o “Plan de Sostibilidade Turística en Destino” (PSTD) presentado á convocatoria extraordinaria do ano 2022 que xiraba en torno a enogastronomía.

Comeza na Guarda o proxecto “O río que nos une”

O proxecto "O río que nos une" é unha iniciativa de cooperación no ámbito da mocidade financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea cun financiamento de 17.164 €.

A Guarda lanza un programa de mellora da cobertura de internet

O alcalde da Guarda aistiu a reunión que a Secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González Veracruz, mantivo na Deputación de Pontevedra con alcaldes e alcaldesas da provincia para presentar os plans do Goberno de extensión de fibra óptica no territorio.

A Guarda inicia os preparativos da XIV Gala do Deporte 2023

A Concellería de Deportes do Concello da Guarda retoma neste ano 2023 a celebración da que será a XIV edición da Gala do Deporte guardés.

Inscricións abertas para a Carreira de Entroido 2023 na Guarda

A Guarda acolle o sábado día 18 de febreiro de 2023 a Carreira de Entroido, un evento deportivo que terá comezo ás 18:00 h con saída e chegada na Alameda da Guarda e que contará cun percorrido aproximado de 4 quilómetros.

Gran inauguración do pavillón municipal da Sangriña na Guarda

O Concello da Guarda realizou o pasado sábado día 28 de xaneiro a inauguración oficial das obras de reforma e ampliación realizadas no Pavillón Deportivo Municipal da Sangriña, nun acto especial que estivo dirixido pola comunicadora guardesa Beti Rey.

Este sábado chega a proba de obstáculos “A Guarda Family Kids”

A alameda da Guarda acolle o vindeiro sábado día 4 de febreiro de 2023 a proba de obstáculos A Guarda Family Kids, un evento adaptado a idades de rapaces de entre 3 e 12 anos.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda do 2 ao 4 de febreiro

O autobús de ADOS estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o xoves 2 de febreiro, en horario de 10:15 a 14:30 horas, o venres 3 de 16:15 h a 21:00 h e o sábado 4 de 10:15 h a 14:30 horas.

A Guarda e AFAGA inician o programa ‘Cultiva a Mente’

O Concello da Guarda e AFAGA iniciarán un programa de prevención da deterioración cognitiva ‘Cultiva a Mente’. 1 de cada 10 persoas maiores de 65 anos ten Alzheimer e calcúlase que en 2050 o número de casos triplicarase.

Reconstruida a porta Norte do poboado de Santa Trega na Guarda

A empresa Terra Arqueos rematou os traballos arqueolóxicos realizados dende decembro na entrada norte da vila de Sta. Trega, que se traduciron na reconstrución da devandita zona.

A Guarda inaugura este sábado o pavillón da Sangriña

O Concello da Guarda realiza, este vindeiro sábado día 28 de xaneiro ás 19:00 h, a inauguración oficial das obras de reforma e ampliación realizadas no pavillón deportivo municipal da Sangriña, nun acto especial que estará dirixido pola comunicadora guardesa Beti Rey.

A Guarda organiza o obradoiro de canto “Con voz propia”

O Concello da Guarda, organiza a partires do mes de febreiro o Obradoiro de Canto “con Voz Propia”, impartido por Cristal Méndez de MagadeVoz.