7.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda inicia os preparativos da XIV Gala do Deporte 2023

    A Guarda inicia os preparativos da XIV Gala do Deporte 2023

    Imaxe de arquivo da Gala do Deporte 2020

    A Concellería de Deportes do Concello da Guarda retoma neste ano 2023 a celebración da que será a XIV edición da Gala do Deporte guardés. Para poder recompilar a maior información posible e contar coa participación das entidades e clubes do municipio  solicítase que, dende os diferentes clubes, entidades e deportistas individuais se remitan as posibles persoas candidatas ao premio ( poden tamén ser equipos ), xunto aos seus respectivos méritos deportivos acadados no ano 2022.

    As categorías premiadas no evento son xeralmente as seguintes: recoñecementos mellores deportistas do ano (masculino e feminino), recoñecemento á traxectoria deportiva, recoñecemento á mellor iniciativa deportiva, recoñecemento mellores equipos, recoñecemento á promoción e dedicación deportiva, etc.

    Con todos os datos aportados, a comisión de valoración elaborará a listaxe de candidaturas aos galardóns deste ano.

    O prazo para enviar esta información será ata o 9 de febreiro e os datos serán remitidos ao mail informacion@aguarda.es.

    Se algunha persoa  con domicilio na localidade quere aportar algunha suxerencia ou proposta deberá enviala ao mail informacion@aguarda.es.

    Somentes serán valoradas aquelas que conten co máximo de información e ben fundamentadas e  verificadas. O prazo será o mesmo que para os clubes, o 9  de febreiro.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS