Luns, 5 Maio de 2025

A Guarda

A Guarda abre o prazo de solicitudes para o campamento urbano de verán

A partir do 22 de maio e ata o 2 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en horario de 9 a 14 horas, para nenos de 4 (nados no 2019) ata nenos de 12 anos.

A Guarda súmase á Axenda 2030

O Concello da Guarda presentou, o pasado 12 de maio, un Plan de Acción para a implementación da Axenda 2030 e os seus 17 ODS, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e con financiamento da Xunta de Galicia, que establece unha serie de accións a curto, medio e longo prazo a nivel municipal para o período 2023-2025.

Festival de música e baile para festexar o Día das Letras Galegas na Guarda

O mércores 17 de maio ás 19 horas, no auditorio de San Benito, celebrarase na Guarda o tradicional Festival de música e baile, no que as diferentes asociacións da Guarda renderán tributo ao autor homenaxeado este ano.

A Guarda programa a terceira edición do Ciclo Medioambiental “Sostendo o futuro”

O Concello da Guarda arranca no mes de xuño a segunda edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.

A muralla medieval da Guarda será o tema central da segunda Barferencia do 2023

Este xoves día 11 de maio, terá lugar no Restaurante Os Remos ás 20:00 h a barferencia Cal é a orixe da antiga muralla da Guarda? a cargo dos investigadores Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido, que recentemente tiveron ocasión de datala e estudiala.

A Guarda recibe unha subvención para mellorar a xestión da auga

O Concello da Guarda vén de recibir unha subvención de Augas de Galicia destinada á realización dunha auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de infiltracións cun importe total de 15.000 €.

O Concello da Guarda saca a licitación o contrato de explotación dos kioskos das praias

O Concello da Guarda vén de publicar na plataforma de contratacións públicas do estado o anuncio para a Explotación dos servizos de temporada nas praias da Lamiña e do Molino, baixo o código de expediente 1028/2023.

A Guarda redacta a rehabilitación de Malteses poñendo en valor a historia da rúa

O concello da Guarda recibiu da Deputación unha subvención "Ágora" de recuperación de espazos públicos para a redacción do proxecto “humanización da rúa Malteses, mellora da accesibilidade e da seguridade viaria”.

A Guarda presenta o traballo de Mabel Lozano “Chicas Nuevas 24 horas”

A exposición “Chicas nuevas 24 horas” que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual continúa o seu percorrido pola comunidade autónoma, promovida polo Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e se pode visitar na Guarda ata o vindeiro día 10 de maio.

Charla-Coloquio sobre fibromialxia o martes 9 de maio na Guarda

O vindeiro martes día 9 de maio, ás 19:00 h, a Casa dos Alonso acollerá unha charla-coloquio sobre a enfermidade da fibromialxia, na que se contará coa participación do Dr. Rafael B. Melero González.

A III Carreira Revirando chega á Guarda o vindeiro 14 de maio

Esta semana, a Casa dos Alonso acolleu a presentación da III edición da Carreira Revirando A Guarda, acto que contou coa presenza do alcalde da vila, Antonio Lomba; da concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; da deputada Provincial, Raquel Giráldez e de representantes da organización desta carreira e da Xunta de Galicia.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de maio

O vindeiro martes día 2 de maio de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de maio de 2023.