Venres, 2 Maio de 2025

Alén da Raia

Tomiño e Cerveira celebran o 19 aniversario da Ponte da Amizade

Centrándose en atraer a cada vez máis mozos e mozas para a consolidación do proxecto arredor dun territorio común, a Eurocidade Cerveira-Tomiño dinamiza, esta fin de semana, os 'Xogos da Eurocidade - Sen Fronteiras' e a 'Música Nova', as dúas propostas gañadoras do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023.

Tomiño e Cerveira publican unha guía turística ilustrada

Ante a existencia dunha diversidade de recursos comúns de ámbito familiar, Tomiño e Cerveira publican 'A Pequena Grande Historia - Eurocidade Cerveira-Tomiño', unha guía turística e educativa ilustrada na que a mascota Mizi narra dunha forma divertida e didáctica os episodios máis relevantes desde os primeiros habitantes ata á actualidade, dando a coñecer os lugares máis emblemáticos a visitar neste territorio transfronteirizo.

Última fin de semana das actividades “Vive o Rio Minho”

As actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ van rematar esta fin de semana cun éxito absoluto de participación, xa que se cubriron todas as prazas ofertadas para cada fin de semana dende finais do mes de abril sempre en apenas minutos.

Últimos días para participar nos showcases do MUMI 2023

Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI.

Esgótanse en minutos as prazas para hacer rafting con programa ‘Vive o Rio Minho’

Novo éxito de inscrición nas actividades ecoturísticas do programa ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra e o AECT Rio Minho para promocionar o río Miño como destino turístico transfronteirizo.

Abertas as inscricións do MUMI 2023 para artistas e profesionais de Galicia e Portugal

Onte presentouse en Tui a IV edición do MUMI que celebrarase do 21 ao 24 de setembro. Na presentación participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente.

A Melhor Recriação Histórica da Vida de Cristo Chega a Valença

A Fortaleza de Valença recebe uma fantástica recriação histórica, com 17 encenações teatrais de passagens da bíblia, relacionadas com os principais capítulos da Vida de Jesus Cristo, no fim de semana de 1 e 2 de abril. A 'Via Crúcis – Vida de Cristo' é uma recriação histórica que reflete uma das tradições mais antigas e com maior significado para o povo cristão. Associada à Quaresma, representa a reprodução do caminho de Jesus até ao Calvário.

A Semana Santa de Valença arranca este domingo

As celebrações da Semana Santa, em Valença, começam este domingo, 26 de março, com a Procissão dos Passos e prolongam-se até 10 de abril, com o Lanço da Cruz. A Procissão dos Passos é a primeira grande cerimónia da Semana Santa de Valença e percorrerá as várias Capelas dos Passos, da Fortaleza. Esta procissão reconstitui os passos de Jesus Cristo desde o Pretório até ao Calvário, com saída programada para as 16h00.

Tomiño e Cerveira presumen de deportistas ‘olímpicos’

É o único equipo transfronteirizo e o gañador indiscutible das últimas edicións das olimpíadas sénior ‘Olimpics4all’.

A Eurocidade Monçao-Salvaterra prepara a súa candidatura a fondos europeos

O alcalde de Monçao e a alcaldesa de Salvaterra de Miño preparan a candidatura da Eurocidade Monçao-Salvaterra para concorrer a fondos europeos para a cooperación e o desenvolvemento.

Este sábado celebrarase a segunda xornada no I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença

O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado, 11 de marzo, a segunda xornada do I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença centrada nas experiencias, a avaliación competencial e a reconstrución da profesión docente.

En marzo celebrarase o I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença

O I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença celebrarase o venres 10 e o sábado 11 marzo na Eurocidade Tui-Valença para abordar as reformas educativas en Portugal e España. Está organizado polo grupo Atlántida e EIP-CEII, os equipos de investigación da Universidade de Porto.