Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

Covelo estrea una praza en A Lamosa e a nova rede de saneamento en A Graña gracias ao Plan Concellos da Deputación

O investimento de preto de 184.000 euros por parte da Deputación permitiu á veciñanza de Covelo dispoñer dunha nova praza ao redor da igrexa de San Bartolomeu de A Lamosa e unha rede de saneamento que acaba cos problemas no núcleo de A Graña, dous núcleos do territorio municipal que veñen de recibir o impulso do Plan Concellos.

Unha colisión entre un coche sen carné e un todoterreo sáldase cunha persoa falecida e outra ferida na Cañiza

Unha colisión entre un micro coche (coche sen carné) e un todoterreo saldouse onte pola tarde na Cañiza cunha persoa falecida e outra ferida. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a vítima mortal e a outra persoa ferida circulaban no micro coche pola PO-406, cando bateron frontalmente contra outro vehículo, un todoterreo, á altura do punto quilométrico 3.

O alcalde da Cañiza recibe a visita da delegada territorial da Xunta en Pontevedra na súa primeira visita ao consistorio

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu onte no seu despacho á nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, nunha xuntanza na que se trataron 12 puntos. Temas todos pendentes de resolver coa Comunidade Autónoma e que son de especial interese para mellorar os servizos municipais, como é o tema do abastecemento da traída de augas municipal.

Os núcleos rurais de Arbo gañan novas infraestructuras gracias ao investimento de 400.000 euros co Plan Concellos da Deputación

Os núcleos rurais de Paravedra, O Prividal-Meixoeiro e O Urzal-A Cividá dispoñen de novos servizos gracias a un investimento de case 400.000 euros realizado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Arbo, a través do Plan Concellos para o financiamento dos municipios de menos de 50.000 habitantes. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Horacio Gil, comprobaron hoxe os bos resultados das catro obras realizadas e as melloras que supoñen para a veciñanza dos tres núcleos.

O PP da Cañiza denuncia que non se inclúan partidas para educación, sanidade e emprego nos orzamentos da Cañiza

O Partido Popular denuncia que o Goberno local, co apoio de Ciudadanos, acaba de aprobar inicialmente os orzamentos de 2020 para o Concello da Cañiza con partidas baleiras para educación, sanidade, axudas para autónomos e empresas ou para o fomento do emprego, pero pola contra o documento si contempla a subida de soldos para todo o equipo de goberno.

A Xunta inicia esta semana novos traballos de limpeza e roza nas comarcas do Baixo Miño e do Condado-Paradanta

A Xunta comeza esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas da área de Vigo e as comarcas de Baixo Miño e do Condado-Paradanta. Estas intervencións, súmanse ás que se están a executar nas marxes da vía de alta capacidade PO-010, que une a autoestrada de circunvalación de Vigo VG-20.

O Concello de Arbo convoca dez axudas para estudios

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE 500,00€ cada unha. Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2.020/2.021 e que cumpran unha serie de requisitos.

A Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra, realizou unha visita institucional a Arbo

O pasado venres, 16 de outubro o Concello de Arbo, Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, recibía na súa primeira visita institucional da nova Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro.

Arde o 90 por cento dunha casa habitada en Crecente

Logo de producírense 3 incendios esta noite en Galicia, os peores danos materiais producíronse a causa dun incendio nunha vivenda de Crecente, na provincia de Pontevedra. Ardeu máis do 90 por cento dunha casa habitada do lugar de As Piñas sen que se rexistrasen danos persoais. Con todo, as perdas son cuantiosas porque, ademais do que arrasou o lume, a estrutura do inmoble quedou completamente colapsada.

Arbo inicia a segunda fase das obras da mellora do camiño Urzal-Cividá cun investimento de preto dos 91.000 euros

O Concello de Arbo vén de iniciar a segunda fase da mellora e ensanchamento do camiño Urzal-Cividá, na parroquia de Barcela, obra que se desenvolve ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que conta cun investimento de 90.978,94 €.

Arbo adhírese ao proxecto Horeca de recollida selectiva en hostalería e restauración

O Concello de Arbo vén de incorporarse ao Convenio marco firmado entre a Xunta de Galicia e ECOEMBES no que se regulan os compromisos das partes implicadas no que respecta ao funcionamento do sistema integrado de xestión xestionado por ECOEMBES no ámbito de Arbo.

O PP da Cañiza pide a Piña que se reabra a piscina

O Partido Popular da Cañiza pide a reapertura da piscina climatizada da Cañiza, que leva pechada desde o mes de marzo, e que o faga cunha normativa específica fronte á Covid-19. O voceiro do grupo, Miguel Domínguez, pide ao Goberno local que deixe de optar pola solución máis sinxela, que é manter pechada a piscina, e aposte pola xestión.