25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboO Concello de Arbo convoca dez axudas para estudios

    O Concello de Arbo convoca dez axudas para estudios

    A cuantia das axudas para estudos é de 500,00€ cada unha

    O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE 500,00€ cada unha.

    Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no presente curso 2.020/2.021 e que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.
    2. Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro.
    3. Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.
    4. No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.
    5. Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

    A Instancia de solicitude dirixirase ao Sr. Alcalde – Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas Bases da convocatoria ( a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina Web).

    O prazo de presentación estará aberto dende o día 21 outubro ata o día 21 de Novembro de 2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.