Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

Arbo recupera e pon en valor antigos lavadoiros e fontes municipais

O Concello de Arbo, vén de dar por rematadas as obras as obras de mellora e recuperaci´n de dous antigos lavadoiros sitos nas parroquias de Sela e Mourentan e unha fonte. As obras, que foron executadas por unha empresa local por importe de 21.824,56 €, englobaron o acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións, drenaxes perimetrais e substitución de estruturas deterioradas.

O PP da Cañiza desvela que a Axencia Española de Protección de Datos sanciona ao goberno local

O Partido Popular da Cañiza desvela que o goberno local é ser sancionado por incumprir a Lei “unha vez máis”. Neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos sanciónao por incumprir a Lei de Protección de Datos e difundir por whatsapp información de carácter persoal .

A Xunta reforza a atención á muller e as accións de prevención de violencia de xénero nas bisbarras de Baixo Miño, o Condado e...

A Xunta de Galicia vai reforzar a atención á muller e o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero, fomento da conciliación e sensibilización na igualdade ao longo do presente exercicio nas bisbarras de Pontevedra e Caldas.

A Cañiza reafirma a súa aposta polo rural con 178.000 euros para obras de pavimentación e traída de augas financiadas pola Deputación

O Concello da Cañiza mellorou os accesos, así como os servizos de varios núcleos rurais do municipio grazas a achegas do Plan Concellos da Deputación, cun orzamento de preto de 178.000 euros. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, quen visitou algúns destes traballos xunto ao alcalde Luis Antonio Gómez Piña e a deputada provincial Olga García, subliñou que son obras que teñen en común “a dotación de prestacións de calidade para fixar poboación no rural”. Na visita participaron tamén, por invitación da Alcaldía, representantes de tódolos grupos da Corporación municipal.

A Xunta solicítalle ao Ministerio de Transportes a reapertura da circulación pola vía de emerxencia no túnel do Folgoso da A-52 da Cañiza

A Xunta solicítalle ao Ministerio de Transportes o restablecemento da circulación no túnel do Folgoso da autovía A-52 na Cañiza pola vía da emerxencia para paliar o impacto económico e social que está a provocar este peche no sur de Galicia.

Os populares da Cañiza denuncian que hai 43 dependentes en lista de agarda, mentres que hai sen adxudicar 940 horas de axuda no fogar

No pleno celebrado o pasado 28 de xaneiro, o Partido Popular da Cañiza formulou unha pregunta dirixida á concelleira de benestar social, sobre as horas de asistencia no fogar que o Concello tiña pendentes de asignar e para que explicase cantas persoas se atopaban en lista de agarda.

Entroido virtual en Arbo para dinamizar a economía local

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalería, os deportes de aventura, as adegas e o comercio local e para poder contribuir a reactivación dun sector tan importante para o concello e tendo en conta as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, acorda a realización do entroido virtual en Arbo no ano 2021.

Mellora de acceso en Correlo

Coa construción, anos atrás, da viaria PO-405 de acceso á Fronteira con Portugal, interrompeuse o acceso a todas as leiras situadas na marxe esquerda do vial neste tramo concreto e dada a súa configuración morfolóxica de fortes pendentes, ao non executarse un vial de servizo nesa zona.

Os populares da Cañiza denuncian que o goberno local rexeite dar axudas aos colectivos máis afectados pola Covid-19

O Partido Popular da Cañiza lamenta que, unha vez máis, o Goberno local desaproveitou a celebración dun pleno municipal para aprobar medidas e propostas urxentes e necesarias para contribuír a paliar os danos e prexuízos ocasionados pola Covid.

O Concello de Arbo pon en marcha novamente o servizo de taxi gratuíto para loitar contra a pandemia

Dada a grave situación sanitaria que se esta a producir no municipio de Arbo por mor da Covid19, o Concello solicita, unha vez máis, a máxima colaboración de toda a veciñanza evitando os desprazamentos innecesarios.

A rapazada de Crecente coñece os ‘Tesouros Humanos Vivos’ a través do contacontos da Deputación

Técnicas de pesca tradicional en torno á lamprea, características dos traballos artesanais, as variedades dialectais únicas na zona, os contos e lendas e mesmo as particularidades musicais, como as treboadas, que desde tempos inmemoriais se transmitían de xeración en xeración nos territorios transfronteirizos… foron onte protagonistas dos contacontos que a Deputación, a través do departamento de Cooperación Transfronteiriza de Uxío Benítez, levou ao colexio Manuel Sieiro de Crecente grazas ao programa ‘Tesouros Humanos Vivos’.

Arde por completo o tráiler parado no interior do túnel da Cañiza xunto cos oito coches que transportaba

O lume calcinou totalmente ao camión parado dentro do túnel da Cañiza, xunto cos oito coches que este transportaba, segundo confirmaron os medios de extinción ao 112 Galicia, arredor das dez da mañá.