Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.
Por segundo ano consecutivo, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, e a Asociación de Comerciantes da Cañiza presentan a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como "A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal".
Fin de semana cargada de emocións no Trofeo Enduro Liga da Moto o pasado 21 de novembro. A diferenza doutros anos, o protagonista desta carreira, que se disputaba en Salceda, era Pedro Rodriguez, veciño de Arbo que se xogaba ser o gañador da liga de motos de enduro de Galicia 2021.
A Ordenanza, aprobada definitivamente por Acordo do Pleno o pasado 30 de setembro de 2021, deroga a anterior e regula o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes.
O Pleno da Corporación do Concello de Arbo, aproba as bases reguladoras e convocatoria dunha liña de axuda para os sectores máis afectados pola situación pandémica, por importe de 7.521,23 € con cargo á financiación provincial da Liña 2 das Bases citadas.
O Concello de Arbo, platéxase a “mellora do lavadoiro de Barcela” para a súa posta en valor, deste elemento tradicional que forma parte dos lavadoiros públicos e que polo seu estado de deterioración ou por xerar un impacto na paisaxe do seu arredor, necesita unha intervención.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou onte pola mañá este I Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza, acompañado de Tito Ramírez, Verónica Romero e Tino Muñoz, organizadores do evento e membros da directiva do clube cañicense e do entrenador da Federación de Ciclismo de Galicia, Alberto del Río.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de facer entrega de máis de media tonelada de tapóns de plástico á Fundación Amigos de Galicia, de Vilagarcía. O Concello colabora con esta fundación na campaña "tapóns solidarios", destinada ao pago de necesidades escolares e tratamentos médicos para menores galegos en risco de exclusión social.
O Concello de Arbo destinará un investimento de 10.991 € á obra de Pavimentación beirarrúas de acceso a Sela, traballos que poden ser realizados ao terse dado remanentes por baixas na adxudicación en proxectos do Plan Concellos 2020.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, percorreu onte, acompañado dun dos técnicos da empresa adxudicataria, a parroquia do Couto e de Parada para visitar estas obras que xunto coa de Valeixe, xa rematada e a de Achas que se iniciará en breve, completan a reforma integral do alumeado público da Cañiza previsto para este ano 2021.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou onte o anuncio do Programa de Reactivación Económica e Social do Concello da Cañiza e as Bases reguladoras das Liñas de axuda aos sectores máis desfavorecidos da Cañiza pola situación Pandémica.
O Pleno da Corporación municipal, na súa sesión de data 15 de novembro, aprobou o convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arbo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.