Martes, 26 Agosto de 2025

A Paradanta

Abraham Cupeiro ofrece un concerto en Arbo

O vindeiro sábado 22 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar o concerto de Abraham Cupeiro no auditorio do centro multiúsos de Arbo.

O proxecto de construción dun novo aparcamento na Cañiza quedará redactado nas vindeiras semanas

O pasado 11 de decembro de 2022 o alcalde da Cañiza anunciou que se iniciaba o proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arborada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro, na subida que conduce á Casa de Cultura.

Asinado o acordo de colaboración entre A Cañiza e a eólica Green Capital Development XXVI SL

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, vén de asinar co representante da empresa Green Capital Development XXVI S.L., Ricardo Fernández, un acordo marco de colaboración entre as entidades.

A Cañiza e GDR Condado-Paradanta lanzan varios proxectos de gran interese

O Concello da Cañiza vén colaborando co GDR Condado Paradanta nos últimos anos para a posta en marcha de diferentes proxectos que terán diferente implicación no municipio.

A Cañiza estrea unha escultura de Diego de Giráldez

Baixo o título “La humanidad y el trabajo”, a obra luce no parque de Heriberto Fuertes, na rúa Vilanova do concello da Cañiza.

Chega o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 da Xunta a O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 524.624 euros a prol dos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

A Cañiza dispón xa do documento inicial para modificar o PXOM

Para mellorar a comunicación co polígono industrial e reducir a presenza de vehículos pesados polas principais vías do casco urbano, a alcaldía de Luís Piña propuxo a creación dun novo vial que servirá de circunvalación e facilitará a conexión do polígono coa Autovía A-52, e da EP 5005 A Cañiza- Crecente coa PO406 A Cañiza – Filgueira.

Covelo recibe o apoio de Turismo de Galicia para a restauración do serradoiro dos Carranos

A Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia concede ao Concello de Covelo o 100 % do orzamento das obras de acondicionamento exterior e mellora do serradoiro dos Carranos.

Crecente rehabilitará o mercado municipal

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e do alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, supervisaron as obras de acondicionamento do mercado municipal, co fin de impulsalo como centro de dinamización socioeconómica.

O Concello da Cañiza xa dispón de proxecto para a renovación da área de lecer da Carballeira do Cacharado

A Carballeira do Cacharado é un lugar emblemático da Cañiza e o Goberno que preside Luís Piña, dentro da súa política de mellora das instalación públicas, ten interese de dotala dunha mellor área de lecer que albergue espazos con xogos, deporte e esparexemento.

A Cañiza aposta polo ‘turismo activo’ e a posta en valor da riqueza paisaxística do municipio

O altísimo potencial paisaxístico é, sen dúbida, un dos elementos patrimoniais con que conta o Concello da Cañiza e que o situa como un dos mellores emprazamentos para disfrutar do turismo activo. Nesa liña e con esa filosofía de traballo, o Goberno municipal que preside Luis Piña desenvolveu, neste mandato, numerosas actuacións para mellorar a oferta xa existente.

A Cañiza estrea novo miradoiro e zonas de descanso no Couto, na senda da Rede Natura sobre o río Ribadil

O Concello da Cañiza vén de estrear novo miradoiro e zonas de descanso no sendeiro sobre o río Ribadil nunha nova actuación que completa as melloras de acondicionamento desenvolvidas en 2021 neste sendeiro circular de 2,5 km, que forma parte do espazo da Rede Natura Baixo Miño.