Martes, 26 Agosto de 2025

A Paradanta

A Cañiza conmemorou o centenario da fundación do seminario de estudos galegos

A Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística, da man do seu fundador Xosé González Martínez, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Concello da Cañiza, Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o párroco da Franqueira, promoveron este domingo 7 de maio, ás 19:00 h, no adro da Igrexa da Nosa Señora Santa María da Franqueira.

A Universidade de Vigo formará á veciñanza de Covelo en pilates

O auditorio municipal de Covelo acolle mañá o terceiro seminario do ciclo ofrecido pola Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Covelo.

Arbo acolle a campaña “Quere o teu mercado”

A praza de abastos de Arbo participa un ano máis na campaña internacional “Quere ou teu mercado”. Pola súa proximidade e situación estratéxica nas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos.

Este domingo Baldomar celebra os tradicionais poxos da Santa Cruz

O barrio de Baldomar na parroquia de Santa Mariña, concello de Covelo, celebra este domingo os seus tradicionais “poxos”. Cada domingo despois do 3 de maio a igrexa da Santa Cruz é testemuña desta peculiar subasta na que non faltan produtos do campo e da matanza e tamén animais vivos.

Covelo recepciona o conxunto abacial de Barcia de Mera para rehabilitalo e xestionalo os vindeiros 50 anos

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e D.Jesús Carracedo, diácono de Asuntos Económicos do bispado, asinaron en presenza da notaria e do párroco de Barcia de Mera, D. Rafael Antela, a cesión temporal e gratuíta do conxunto abacial de Barcia de Mera.

Esta fin de semana celébrase o certame de corais “Vila de Arbo”

O Concello de Arbo, coa colaboración da Coral Polifonica de Arbo, organiza ,despois de dous anos de parón por mor da COVID-19, o "VIII Certame de corais Vila de Arbo" que terá lugar este sábado, ás 18.30 horas, no Auditorio Segundo Gil Davila.

Covelo contará cun coworking e más vivenda social

O Concello de Covelo informa que o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vén de concederlle 760.246,97 para a rehabilitación enerxética da envolvente térmica do edificio “Antigas Casas dos Mestres”.

A Mostra de Produtos de Covelo suma novos postos

A Mostra de Produtos de Covelo sigue medrando e suma novos postos. Como cada primeiro sábado de mes a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía, segunda man, música, gastronomía e actuacións para recibir ás e aos visitantes a partir das 10 da mañá.

Arbo celebra xa a Festa da Lamprea

O director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros inauguraba a XXVII Arbomostra, a Feira Agroindostrial e Artesanal da Bisbarra do Condado Paradanta.

Licitadas as obras da PO-400 ao seu paso por Crecente, As Neves e Arbo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente, cun investimento de 3,3 M€.

O Rally Rías Baixas volve, un ano máis, ao Covelo

O emblemático Rally Rías Baixas volve fixarse no concello de Covelo e inclúe na súa proba un tramo con saída nos muíños de Portafurado, en Barcia de Mera.

O GDR Condado Paradanta afonda na transición enerxética mañá, en Covelo

O Concello de Covelo acolle mañá venres día 28 unha das xornadas do ciclo “GDR Condado-Paradanta: A transición enerxética no Condado Paradanta”, así o traslada o alcalde de Covelo e presidente deste GDR, Pablo Castilllo.