Domingo, 4 Maio de 2025

Covelo

As tradicionais danzas da Virxe do Rosario protagonizan as festas en Prado da Canda, Covelo

A parroquia de Prado da Canda, en Covelo, celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe María do Rosario. Dende mañá venres e ata o domingo día 1 de outubro Prado da Canda agasallará á veciñanza música, bailes tradicionais e distintos actos litúrxicos e lúdicos.

O Plan de Igualdade de Covelo axudará a 6 mulleres a obter o carné B, C e CAP

A Concellería de Igualdade do Concello de Covelo, que dirixe María José Valiñas, en colaboración coa concellería de Emprego e Formación, que dirixe Lourdes Enes, reiteran a súa aposta de apoio á inserción laboral das mulleres e informan que está aberto o prazo para preinscribirse no curso para a obtención dos carnés de conducir B, C e CAP.

A Xunta e Covelo humanizarán a contorna da praza da Ermida

A Xunta de Galicia e o Concello de Covelo destinan máis de 152.000 euros á humanización da contorna da praza da Ermida, segundo o convenio de colaboración asinado pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Pablo Castillo.

Aberto o prazo de inscrición para solicitar as axudas á natalidade do Concello de Covelo

Ata o 1 de decembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas á natalidade do Concello de Covelo, así o informa o alcalde, Pablo Castillo, "este é o noso agasallo de benvida para as novas crianzas do noso concello ás que tentaremos seguir apoiando ao longo da súa infancia coas axudas para material en educación infantil".

Covelo abre o prazo para solicitar as axudas para libros e material do alumnado de infantil

O Concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar de educación infantil.

Xornada de observación estelar no Castelo do Faro en Covelo

O Concello de Covelo organiza unha nova xornada de observación estelar. En colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, e dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana corenta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar na paraxe starlight do Castelo do Faro.

Covelo organiza dúas travesías guiadas polas etapas da Vía Mariana Luso-Galaica

O Concello de Covelo abre o prazo para participar nas travesías guiadas que percorrerán as dúas etapas da Vía Mariana Luso Galaica que cruzan o concello.

Covelo merca un inmoble para ampliar a biblioteca pública municipal

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que tivo lugar a formalización da compra dun piso ubicado no edificio das salas multiúsos para a ampliación da biblioteca pública municipal.

A parroquia de Casteláns celebra as súas festas esta fin de semana

O barrio covelense de Lourido, na parroquia de Casteláns, celebra as festas na honra da Virxe da Escravitude con discoteca móbil, música tradicional, gastronomía popular e actos relixiosos.

O servizo de Atención Temperá de Covelo axuda no comezo do curso escolar

“Despois de case tres meses sen acudir ao colexio é normal que aos nenos lles custe volver adquirir a rutina do curso, por iso durante as primeiras semanas é probable que estean máis irritables, nerviosos e cansados” así o explica Olalla Rodríguez, psicóloga responsable do servizo público de Atención Temperá do Concello de Covelo.

A Lamosa, en Covelo, celebra esta fin de semana a romaría do Libramento

A parroquia da Lamosa celebra esta fin de semana a súa popular romaría na honra da Benaventurada Virxe María do Libramento. As familias xuntaranse no xantar popular que terá lugar o domingo día 10 ao mediodía. O bar Cuartel ofrecerá tamén comidas e haberá “pulpeiro” e posto de rosquillas.

Covelo convida á cidadanía a facer un uso responsable dos contedores de lixo

O Concello de Covelo solicita a colaboración da cidadanía para un uso máis responsable dos contedores de lixo e recorda que existe un servizo municipal gratuíto no que depositar os enseres domésticos, Punto Limpo.