Venres, 9 Maio de 2025

Covelo

Música tradicional nunha nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo

A Mostra de Produtos de Covelo sigue sumando fans e, por iso, a praza Mestre Cerviño volverá abrir as súas portas para o desfrute de veciñanza e visitantes.

A veciñanza de Covelo recibe formación para a realización de xestións administrativas a través da rede

A veciñanza de Covelo recibíu formación no uso de ferramentas dixitais para relacionarse coa administración a través da rede. Profesionais da Administración Pública impartiron no auditorio municipal unha clase sobre os principais servizos prestados pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra e os servizos electrónicos da administración xeral do Estado.

Covelo celebra o Día Mundial da Auga cunha limpeza voluntaria dos espazos verdes

A asociación Covelo Natural, en colaboración co Concello de Covelo e coa Xunta de Galicia, convida a participar na xornada de voluntariado ambiental para a limpeza de espazos verdes que terá lugar o sábado 18 de marzo.

O Ciclo de Música de Barcia de Mera prepara o quince aniversario

A Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera reuníuse co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, para asinar o convenio de colaboración co que o Concello apoiará este evento cultural

Covelo realiza tarefas de limpeza nas prazas

O Concello de Covelo realizou tarefas de limpeza das prazas Mestre Cerviño, de Maceira e Barcia de Mera aproveitando as intensas choivas das pasadas semanas.

Covelo promove a compostaxe

Co obxectivo de que as persoas poidan aproveitar os restos orgánicos que xeneran nos seus domicilios e reducir con isto a cantidade dos mesmos que decotío rematan no contedor verde ou xenérico. o Concello de Covelo está adherido ó Programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA).

Covelo implica ao alumnado do CEIP Antonio Rodríguez Blanco no coñecemento da súa riqueza medioambiental

O concello de Covelo amplía a súa proposta de actividades de desfrute e coñecemento do medio natural ao alumnado do CEIP Antonio Rodríguez Blanco. Deste xeito, ao longo de varios anos desenvolverá o proxecto “Ríos, aldeas e montañas” grazas ao que o alumnado poderá realizar saídas didácticas da man do guía de montaña Julio Eiroa.

O cineasta e fotógrafo José Gil recalará en Covelo para rememorar os anos vividos na Lamosa e a súa traxectoria

O Concello de Covelo participa no proxecto “José Gil. Pontevedra provincia de cinema, na orixe do cinema", que levará este ano por toda a...

O Covelo busca novos voluntarios

O Concello de Covelo convida a todas as persoas que queiran aportar a súa axuda a formar parte do voluntariado do Concello.

Primeira cita do ano coa Mostra de Produtos de Covelo

Logo do éxito que tivo a Mostra de Produtos de Covelo ao longo do pasado ano 2022, o Concello de Covelo seguirá apostando por esta cita estable na que, cada primeiro sábado de mes, pódese visitar a praza Mestre Cerviño do centro urbano para mercar produtos de calidade e de proximidade.

Covelo recupera e mellora o espazo público no núcleo de Paraños

Habitar espazos agradables que promovan os encontros, que faciliten a vida diaria e sexan unha boa tarxeta de presentación para as persoas que chegan é unha das cuestións ás que dan resposta as obras de “Recuperación e Mellora do Espazo Público no Núcleo Rural de Paraños” que xa comezaron a executarse e custarán 359.390 €.

Este domingo, primeira cita cos roteiros en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar no primeiro roteiro de sendeirismo deste ano 2023, organizado dentro da programación estable de oferta de lecer na natureza que ofrece o Concello.