Martes, 9 Setembro de 2025

Covelo

A Graña celebra cunha merenda a rehabilitación da fonte da Ponte en Eido Gonzalo

O Concello de Covelo, dentro do seu plan de recuperación de fontes públicas, procedeu á rehabilitación da fonte da Ponte en Eido Gonzalo, na Graña.

Milladoiro chega a Covelo este martes ao abeiro do programa da Deputación

O programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia, chega este martes, 25 de xullo, Día de Galicia, ao Concello de Covelo co recoñecido grupo Milladoiro.

Covelo recibirá a formadores de oito países no marco do ERASMUS+

O Concello de Covelo prepárase para recibir á vintena de participantes do curso de preparación de formadores no que se analizará o impacto do noso estilo de vida no medio ambiente.

Covelo prepárase para os festexos do 25 de xullo

O Concello de Covelo celebrará o vindeiro martes día 25 as súas festas patronais e do churrasco con concertos, verbena, tirada de foguetes e postos de artesanía.

Nova subtracción de elementos públicos no concello de Covelo

O Concello de Covelo denuncia o roubo de nove “vallas” metálicas do peche perimetral da pista polideportiva e de lecer do parque de Pazos, na parroquia de Santa Marina, recentemente inaugurado.

Este domingo visita guiada ao serradoiro dos Carranos en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar nunha nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 23 de xullo e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.

O remanente de tesourería de Covelo permite mellorar de espazos e servizos públicos

O pleno ordinario do Concello de Covelo aprobou habilitar un crédito extraordinario de 201.026,75 € procedente do remanente de tesourería que agora destinará a diferentes proxectos de mellora de espazos e servizos públicos municipais.

O obradoiro creativo A Naturoteca visita Covelo este sábado

Dentro da programación “Verán Cultural” do Concello de Covelo a praza Mestre Cerviño acollerá este sábado día 15 o obradoiro creativo A Naturoteca

Chega a XLII Festa do Churrasco

Nove locais de hostalaría servirán churrasco de Covelo a prezo reducido o vindeiro día 25 de xullo, día de Santiago, patrón do Concello de Covelo. O Concello pechou hoxe o prazo de inscrición para os locais de hostalería colaboradores coa XLII edición da afamada festa do churrasco.

Covelo celebra a declaración de Ben de Interese Cultural do conxunto de San Martiño de Barcia de Mera

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, manifesta a súa satisfacción ao aprobar o Consello da Xunta o decreto polo que declara Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumento o conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera, en Covelo.

Via Maríana un camiño moi esixente que busca mellorar a súa sinalización

O auditorio municipal de Covelo acolleu a asemblea anual da asociación Vía Mariana Luso-Galaica á que asistiron socios e socias dos dous lados da Raia. A directiva da asociación, encabezados pola súa presidenta María José Silva, presentou os novos paneis informativos que colocará nestes días o Concello de Covelo e as súas liñas de traballo para os vindeiros meses centradas na protección da marca Vía Mariana Luso-Galaica, na mellora e uniformidade da comunicación e sinalización e na procura de novos albergues durante o trazado.

A infancia de Covelo explora o territorio na escola de verán

Dende as oito e media da mañá a escola de verán do Concello de Covelo abre as súas portas para recibir aos pequenos e pequenas que ao longo deste mes aprenderán xogando da man das monitoras. Ata a sala multiúsos municipal achegáronse o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, para darlles a benvida a todas as cativas e cativos que farán equipo este verán.