Mércores, 7 Maio de 2025

Arbo

Xa están abertas as inscricións nos obradoiros gratuítos de Arbo

Dado o éxito dos obradoiros realizados polo Concello de Arbo en outubro en distintos lugares do municipo e ante a demanda dos veciños da vila, o Concello de Arbo ofrecerá, durante os vindeiros meses, obradoiros polas parroquias do municipio.

Arbo reparte trampas para a avespa velutina

O Concello de Arbo, un ano máis, para frear a expansión da avespa asiática pon a disposición dos veciños de Arbo de maneira gratuíta 50 trampas e 150 botes de cebo, nas mesmas condicións que nos dous últimos anos.

Reunión en Arbo para informar das medidas fronte á flavescencia dourada na vide

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o subdirector de Explotacións Agrarias e o xefe Territorial de Medio Rural reuniranse cos viticultores de Arbo o 8 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio do centro multiusos para informar das medidas fronte a flavescencia dourada da vide.

Humanización do camiño San Benito de Arbo

O Concello continúa, no seu afán de optimizar a súa rede municipal de estradas, mellorando así a seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns. Para conseguir este obxectivo está reparando as estradas e pistas asfaltadas, ampliando os viais e mellorando os trazados actuais.

Arbo abre as inscricións da VII Marcha BTT da Lamprea

O vindeiro domingo, 23 de abril de 2023, volve a Marcha BTT da Lamprea ao Concello de Arbo. Unha proba non competitiva, tanto para ciclistas federados como para afeccionados, duns 45 km aproximadamente, que ten como obxetivo principal promocionar a gastronomía (lamprea e viño) e a LXIII Festa da Lamprea que terá lugar os días 28, 29 e 30 de abril.

Arbo celebra o entroido cun desfile de comparsas

O Concello de Arbo convoca, dentro das actividades programadas para o “Entroido 2023”, un Desfile de Comparsas para o vindeiro día 19 de febreiro. As persoas que desexen participar deberán anotarse nas oficinas do concello ou a través do persoal municipal identificado (ata unha hora antes do inicio do desfile).

A Xunta informa en Arbo das medidas fronte á flavescencia dourada da vide

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse con viticultores e demais interesados en Arbo e O Rosal para informalos das medidas de apoio que adopta a Xunta para facer fronte á Flavescencia Dourada da vide.

Selada a unión entre Arbo e Sainte Terre

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, acompañado da directora de Turismo de Galicia e membros do goberno arbense, recibian no Salón do Pleno do Concello de Arbo, a Agnès Alfonso-Chariol, alcaldesa de Sainte Terre, Agnès Alfonso-Chariol, que chego acompañada dun membro da Irmandade da lamprea, Gérard Spéranzini e David e Sabine pescadores da lamprea no Rio Dordoña - Sainte Terre.

O Concello de Arbo conta co apoio da Xunta para o seu desenvolvemento

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou o luns que o Goberno galego está a executar ou activará investimentos por 6.349.000 euros nos vindeiros meses no Concello de Arbo.

A Festa da lamprea de Arbo, festa de interese turístico internacional

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, felicitou ao concello de Arbo e amosou a súa satisfacción logo de que o Boletín Oficial do Estado publicase hoxe a resolución pola que se concede o título de festa de interese turístico internacional á Festa da lamprea de Arbo.

Arbo recibe unha achega para a “Urbanización Camiño da Bouza”

O Concello de Arbo recibe unha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas bases publicadas no BOPPO nº 230 de 27 de decembro de 2021, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos 2022-2023), dentro da Liña 1 – Investimentos, para a actuación denominada “Urbanización Camiño da Bouza”.

O certame de corais “Vila de Arbo” reparte premios

O Concello de Arbo organiza coa colaboración da Coral Polifonica de Arbo, despois de dous anos de parón por mor da Covid-19, o "VIII Certame de corais Vila de Arbo" que terá lugar o 6 de maio de 2023, ás 18.30 horas.