Venres, 9 Maio de 2025

Arbo

Aberto o prazo para presentar o cartel do certame “Brais Alonso” en Arbo

O Concello de Arbo convoca un novo concurso de carteis con motivo da celebración da XXVII Festa dá Lamprea Seca, que se celebrará os días o 13 e 14 de agosto.

Novo reparto de manteis individuais para promocionar os encantos do municipio de Arbo

O Concello de Arbo aposta pola dinamización da hostalería local e novamente, vai repartir manteis de papel entre os hostaleiros do municipio para poñer en valor o patrimonio histórico e os lugares máis emblemáticos da localidade , así como promocionar as adegas, restaurantes e casas de turismo Rural.

Arbo reclama unha sanidade pública digna

A Plataforma en defensa da Sanidade Pública do Condado e Paradanta convocou o seu primeiro acto en Arbo para defender a sanidade pública.

Concentración en Arbo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e A Paradanta

Mañá xoves, 3 de febreiro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e A Paradanta realizará unha nova concentración. Esta será a primeira vez que a plataforma fai unha concentración no concello de Arbo e está convocada para as oito da tarde na Praza do Concello.

Sogama licita a obra dunha planta de transferencia de residuos urbanos en Arbo

A Xunta de Galicia, a través de Sogama, acaba de licitar por 2.033.880,03 euros, IVE incluído, a obra de execución dunha planta de transferencia de residuos urbanos no concello pontevedrés de Arbo.

Rematada a rehabilitación dos miradoiros no río Miño, en Arbo

Arbo rehabilitou os miradoiros da vila baixo unha actuación denominada “Rehabilitación de Miradoiros do Río Miño en Arbo”, que incluiu a obra e os honorarios da redacción e dirección do proxecto.

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.

Rematadas as obras de restauración do lavadoiro de Barcela

Esta obra, adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21 % incluído), foi financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de acordo coa Resolución do 3 setembro de 2021.

O Concello de Arbo mellora o acceso ao Lugar de O Couto

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, comprobaba nestes días o remate das obras de mellora de acceso ao lugar de O Couto, en Arbo.

O Concello de Arbo manterá conxeladas as taxas e os impostos municipais

O Concello de Arbo manterá a conxelación de todos os impostos e taxas municipais para o próximo ano 2022, unha medida que busca reducir a presión económica sobre a veciñanza.

Arbo realiza un novo reparto de alimentos a máis de 35 familias

O concello de Arbo, en virtude da precaria situación que viven moitas familias derivada da crise sanitaria, distribuíu, a semana pasada, alimentos entre as familias máis necesitadas do municipio de maneira extraordinaria co motivo do Nadal.

Arbo pon en marcha o concurso de carteis para a LXII Festa da Lamprea

O Concello de Arbo convoca, un ano máis, o concurso de carteis con motivo da celebración da LXII Festa da Lamprea que se atopa prevista para os días 22, 23 e 24 de abril do ano 2022, sen prexuízo das posibles variacións derivadas das limitacións ou medidas derivadas da pandemia e decretadas polas autoridades competentes.