Sábado, 17 Maio de 2025

Redondela homenaxea a Francisco Fernández del Riego

0

O Concello de Redondela a través da Concellería de Normalización Lingüística, dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, súmase a gran festa das Letras Galegas homenaxeando a Francisco Fernández del Riego, o protagonista deste 2023. O acto institucional do 17 de maio terá lugar ás 11:30h na Alameda de Castelao, alí asistirán o grupos folclóricos Son do Castro, Os Xuveniles, Anaquiños, Airiños de San Simón e O Carballo das Cen Pólas.Estes recollerán un pendón especial co cal o concello quere agradecerlles e recoñecer o traballo a prol da nosa cultura pero tamén para que sintan o orgullo que significa ser redondelán de Galicia.

Fernández del Riego participou na primeira edición do certame de novela en galego Blanco Amor, organizado e impulsado dende o Servizo de Normalización de Redondela; formou parte do xurados dos Maios; deu conferencias en distintas ocasións; participou en actos en parroquias, como a inauguración da Sociedade Labrego-Cultural de Reboreda; ou incluso, nun dos últimos xestos á nosa vila, doou 500 volumes da súa biblioteca persoal á nosa biblioteca pública, no ano 2006.

“Francisco Fernández del Riego é un persona cunha traxectoria totalmente entregada a Galicia, á súa lingua e cultura, que deixou unha forte pegada en todo o país. Redondela foi un dos lugares onde tivemos ocasión de acollelo en distintas iniciativas e por todo isto facémoslle unha homenaxe”, conclúe Rivas.

Entrada de balde na Casa da Navegación de Baiona con motivo do Día dos Museos

0

A Casa de Navegación de Baiona celebra este xoves, 18 de maio, o Día Internacional dos Museos. A casa celebra este día con entrada de balde para todos os seus visitantes. Pola mañá están organizadas varias visitas guiadas.

Desde o Concello de Baiona lembramos que pódese facer unha visita virtual á Carabela Pinta, especialmente pensada para as persoas con problemas de mobilidade ou para quen queira ter a experiencia de coñecer á tripulación e interactuar con eles.

A Guarda abre o prazo de solicitudes para o campamento urbano de verán

0

A partir do 22 de maio e ata o 2 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en horario de 9 a 14 horas, para nenos de 4 (nados no 2019) ata nenos de 12 anos.

O principal obxectivo deste actividade é a de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo de lecer que representa o verán tras rematar o período lectivo.

Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas…  pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.

As bases e solicitude poderanse consultar e/ou obter na web www.aguarda.es ou na sede electrónica da entidade.

O Porriño formaliza o convenio para rehabilitar os polígonos residenciais de Torneiros

Hoxe formalizouse o convenio que poñerá a disposición do Concello do Porriño 1 M de euros para que o vecindario dos polígonos residenciais de Torneiros financie actuacións de rehabilitación nas súas vivendas.

As actuacións de rehabilitación a nivel de barrio da zona declarada ERRP en Torneiros abarcan unha superficie total de 124.560 m2 incluíndo 50 bloques de edificios (15 na Fase I, 7 na Fase II, 23 na Fase III, 4 na Fase IV e 1 na Fase V) así como nos viais e espazos que as rodean.

Os propietarios terán acceso a axudas de ata 29.495 euros por vivenda unifamiliar e 26.750 euros no caso de que o inmoble sobre o que se vaia a invertir forme parte dun edificio colectivo. Estas contías, en todo caso, incrementaranse en 12.000 euros de ser, como é o caso dos edificios de Torneiros, necesario retirar elementos con amianto.

O importe da axuda, dependerá tamén do grao de eficiencia enerxética conseguido coa actuación de rehabilitación que se execute, podendo oscilar entre o 40% e o 80% do orzamento protexible. A subvención chegará ata o 100% da inversión realizada en canto se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgún dos propietarios da vivenda.

O Porriño é o concello de menos de 50.000 habitantes que máis fondos recibe na provincia, e como xa dixemos, se destinará a apoiar actuacións de rehabilitación no Entorno Residencial declarado en Torneiros, vecindario poderá acceder por primeira vez a estas axudas.

A mostra sobre o herbario de Rosalía visitará Ponteareas, O Rosal, Redondela e Tomiño

O Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, dentro da súa programación anual sobre Rosalía de Castro, levará a mostra ‘Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía, con imaxes de plantas e flores moi vencelladas á obra da autora, a seis comarcas da provincia ata final de ano.

A mostra–realizada da man da Fundación Rosalía de Castro-  estivo xa aberta no mes de abril no Pazo Provincial e agora seguirá nas comarcas de Pontevedra (en Pontecaldelas dende o xoves ata o 28 de maio, na sala de exposicións do Centro Cultural), o Deza (Agolada, do 28 de maio ao 11 de xuño, nos Pendellos), Condado (Ponteareas do 13 ao 25 de xuño –Auditorio- e As Neves do 30 de outubro ao 12 de novembro –Casa da Xuventude-), Baixo Miño (O Rosal do 18 de setembro ao 1 de outubro e Tomiño –Mercado- do 27 de novembro ao 10 de decembro), Vigo (Redondela do 2 ao 15 de outubro), Salnés (Ribadumia do 16 ao 29 de outubro) e Morrazo (Moaña do 13 ao 26 de novembro).

Segundo explica a deputada de Lingua María Ortega, Rosalía é a autora “máis destacada e máis universal da cultura galega, un símbolo nacional de Galiza”, polo que a Deputación quere poñer en valor a vixencia do seu ser e pensamento e a súa reivindicación da lingua propia artellando actividades sobre a súa figura ao longo do ano.

A exposición pretende –apunta a deputada- ser un herbario literario (non científico) “que busca aproximarse ao que podería facer a propia Rosalía nos paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra”. Xurdiu no marco dun proxecto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, e consta de cinco seccións con 40 imaxes (8 cada unha) que falan de rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”.

Tamén dispón dun vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección da totalidade dos pregos, para o que se dispón dun procesamento fotográfico de calidade, levado a cabo por Miguel Fraga Vila, que traballou no proxecto xunto a María López-Sandez nun proceso dirixido por María Isabel Fraga Vila, profesora de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.

Na obra de Rosalía, coma no conxunto da tradición occidental, a rosa é a “raíña das flores” e este lugar de privilexio xustifica que o herbario lle consagre unha das súas seccións máis notables. Ocupan ademais un lugar relevante as flores humildes e ventureiras, de acordo coa sensibilidade especial de Rosalía cara ao aparentemente humilde: de aí as series “herbas do campo florido” e “herbiñas do camposanto”.

As que conforman a primeira sección son aquelas que, xa nos tempos de Rosalía, se atopaban nos eidos do país: o sete na rama, a muruxa e a herba da pedra, os corniños e a herba paxareira, a arenaria e a herba dona, a cabaciña ou a herba das doas, entre outras. Recóllense tamén a agulleira e a buglosa, evocadoras do ‘fúnebre recinto’, a celidonia e o hipérico, que ilustran esas floreciñas amarelas que nacen “en tumbas que non teñen nin lápida” ou herbas que medran tamén nos camiños, nas paredes e nos propios campos, mais que se revisten dun especial significado e solemnidade cando o fan no camposanto.

Entre as especies máis recorrentes nas escrituras de Rosalía sobrancean as árbores, particularmente o carballo. Así pois, aí están, constituíndo unha sección de pleno dereito no herbario, o carballo e o piñeiro, o álamo e a sobreira, o castiñeiro, o salgueiro, o ciprés e o loureiro. Non poden quedar atrás, dentro da diversidade na obra de Rosalía, os toxos e as silveiras, as ortigas e os cardos, as margaridas, o caravel e o alelí, pero tamén as árbores froiteiras como a figueira, os limoeiros ou as oliveiras, así como tamén arbustos coma os buxos, e por outra parte, verzas e repolos, viñas e cereais, que tamén teñen a súa representación.

O alcalde de Tui amosa o seu apoio aos traballadores de Maderas Iglesias

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hai uns días ao Comité de Empresa de Maderas Iglesias xunto a representantes sindicais da CIG e UGT. Deste xeito o rexedor tudense coñeceu de primeira man a situación pola que atravesa a empresa con sede no Porriño que chegou a ser líder mundial na fabricación de tarimas flotantes. Actualmente a empresa conta con 169 traballadores das que 14 son de Tui. Pese ao momento de “alta produtividade” que vive a compañía nestes momentos o seu futuro é incerto debido á débeda contraída con seis entidades bancarias que demandaron xudicialmente o incumprimento do calendario de pagos.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, comprometeuse a trasladar ás institucións o apoio do Concello de Tui á empresa e demandar que se habiliten os instrumentos precisos para garantir a viabilidade da empresa, entre os que estaría a busca dun inversor.

Os populares de Salceda proxectan a reforma integral do parque Raíña Aragonta

O PP de Salceda quere dar vida aos parques e convertelos en lugares de convivencia prácticos para todas as idades. E con esta premisa pretende converter o Raíña Aragonta nun espazo que poida ser utilizado por todos os cidadáns de Salceda, independentemente da súa idade. Co apoio maioritario dos veciños, Santiago Rodríguez Davila poñerá en marcha desde a alcaldía un proxecto de reforma integral para dotalo dun auditorio ao aire libre para uso das asociacións e colectivos, para eventos culturais organizados polo Concello, actuacións musicais e actividades en xeral.

Pero a intención de Rodríguez Davila e do seu equipo en Raíña Aragonta é moito máis ambiciosa. Este pulmón verde situado no corazón de Salceda tamén terá un parque infantil cuberto para que as familias poidan facer uso del en días de choiva. Será o primeiro da comarca e ofrecerá aos máis pequenos unha alternativa de lecer durante todo o ano.

Os mozos tamén son moi importantes no proxecto do PP porque “son o noso futuro e debemos telos moi en conta cando deseñamos a Salceda que queremos”, manifesta o alcaldable. “Entre todos temos a obrigación de avanzar con eles”, apostila. Así, Rodríguez Davila proxecta tamén en Raíña Aragonta unha pista polideportiva e un skatepark, que contará con elementos como bowl, funbox ou wallride e ramplas aptas para a práctica de todas as modalidades de skate desde niveis de iniciación a medio-avanzado. Todo iso integrado nunha contorna arborizada para o goce dos nosos maiores. “A súa localización é inmellorable, pero a súa deterioración e a súa falta de espazos de recreo modernos e diversos manteñen este parque sen vida”, valora o líder popular.

O equipo que conforma a candidatura do PP de Salceda ás eleccións municipais do próximo 28 de maio está convencido de que o parque Raíña Aragonta pode achegar moito máis a todos os veciños e niso implicaranse desde o primeiro día se logran o número de votos suficientes para poder gobernar sen ataduras, deixando atrás un pasado político negativo para Salceda para dar paso á ilusión, ao traballo e a priorizar aos veciños fronte a todo. Farémolo Ben!”, promete Santiago Rodríguez Davila.

Gran homenaxe da Xunta a Del Riego no Día das Letras Galegas

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades celebra a implicación que a sociedade galega está a demostrar durante todo o mes de maio no gran día das súas Letras, cuxo acto central terá lugar mañá en Vilanova de Lourenzá, vila natal de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado neste 2023.

Nesta liña, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participan durante o día de hoxe en ata seis actos diferentes para poñer en valor as Letras Galegas en diversos ámbitos como o deportivo, empresarial, cultural e educativo.

Estas accións enmárcanse na programación de máis dun centenar de propostas que o Goberno galego, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsa para celebrar o 60 aniversario do Día das Letras Galegas.

Xornadas de micro aberto

En concreto, Valentín García, participa na colocación da placa da rúa efémera dedicada a Roberto Vidal Bolaño, un dos autores homenaxeados nas Letras Galegas no seu día e que recibe homenaxe co gallo do Festival de Cans. Ademais,  esta tarde en dúas xornadas de micros abertos. A primeira delas no Café Casino de Santiago, onde se lerán fragmentos das obras finalistas do Premio Novela Europea Traducida: O libro da filla, de Inma López Silva; Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, e Un señor elegante, de Suso de Toro. Ademais, no acto tamén se comunicará o gañador deste premio.

A segunda sesión de micros abertos terá lugar na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés compostelán, que reunirá a 25 escritores consagrados da literatura galega para compartir a lectura dos seus libros e no que Valentín García será o encargado de poñer voz ás palabras de Del Riego lendo un fragmento da súa obra Lourenzá.

Tamén esta tarde, o titular de Política Lingüística asistirá á entrega da II edición dos Premios #DígochoEu, o certame de vídeos en lingua galega no que participaron máis de 700 rapaces e rapazas de 20 centros escolares. A gala, incluída na programación da  CRTVG co gallo das Letras Galegas, emitirase en directo a partir das 17,00 h na web crtvg.gal e na canle de YouTube da TVG. O día 17 será emitida pola mañá na Televisión de Galicia.

Homenaxe a Del Riego no ámbito deportivo

Doutra banda, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, comparte hoxe as celebracións das Letras Galegas en distintos actos do eido deportivo e musical. En concreto, asiste á I Xornada ObraAberto, organizada por Monbus Obradoiro, e tamén, en Vigo, ao concerto da Real Filharmonía de Galicia e o Coro de Cámara Rías Baixas, organizado polo Consello da Cultura Galega co gallo das Letras Galegas.

A cativada ponse tras os fogóns en Ponteareas coa campaña ‘Quere o teu mercado’

Os nenos de Ponteareas póñense tras os fogóns ao abeiro da campaña ‘Quere o teu mercado’, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.

A través desta campaña, o Concello organiza un obradoiro de cociña infantil para cativos a partir dos 5 anos o vindeiro sábado 3 de xuño, unha actividade que terá lugar de 11.00 a 12.30 horas no mercado municipal de Ponteareas.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, anima “a todos os pais e nais do concello a que veñan cos seus fillos a compartir unha mañá diferente no que os máis pequenos e pequenas aprenderan a preparar divertidos pratos e a gozar da cociña”. 

Para participar é necesaria a inscrición previa chamando ao 618 705 635 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

Por outra banda, como premio á súa fidelidade e compromiso co mercado municipal os consumidores e consumidoras recibirán un agasallo en conmemoración do Día Internacional do Mercado. As persoas que merquen ese día na praza de abastos poden pasar polo local de Banastra a recoller o material promocional.

O programa ‘Coidados porta a porta’ regresa este mes a Tomiño

0

Tomiño acolle este mes de maio unha nova visita do programa ‘Coidados porta a porta’, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta con fondos europeos ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia co que achegar de balde servizos de podoloxía, audioloxía e estumulación da memoria a persoas maiores de 55 anos que viven no rural.

Deste xeito, os vindeiros 26, 29, 30 e 31 de maio, unha unidade móbil instalarase no torreiro do Alivio de 09.00 a 20.00 horas para pasar consulta destas tres especialidades. As persoas interesadas en participar neste programa deben solicitar cita previa a través dos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima a toda a poboación maior de 55 anos do municipio a participar neste programa, destinado especialmente a efectuar revisións e valoracións auditivas, atención podolóxica para prevención e tratamento das principais patoloxías e realización de probas de valoración cognitiva para a prevención de doenzas como o Alzheimer ou demencias dexenerativas.

Por outra banda, para completar esta visita, o vindeiro martes 30 de maio o salón de plenos do Concello acollerá a charla ‘Coidado do oído e prevención de complicacións’, un encontro impartido pola persoa responsable do servizo de audioloxía da unidade móbil do programa ‘Coidados porta a porta’. A charla será ás 19.00 horas con entrada de balde.

Arbo saca a licitación a mellora do vial nos Eidos de Arriba

0

O Concello de Arbo licita as obras para a mellora de viais nos Eidos de Arriba (Sela) a través da plataforma de contratación do Estado por un importe de 108.250,30 €, financiados ca través do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de pontevedra, dentro da Liña 1.

As obras de mellora teñen como obxecto a reforma dos accesos da Igrexa de Santa María de Sela ao seu paso polo núcleo de Eidos de Arriba, así coma os espazos públicos existentes no seu percorrido que, aínda que de escala reducida, contan cun gran valor patrimonial.

O ámbito caracterízase por un tecido de crecemento orgánico, onde a estrada ao sur (comunicación co núcleo de Arbo) e a propia Igrexa funcionaron coma factores de atracción para a construción de múltiples vivendas unifamiliares que acabarían conformando o núcleo de Eidos, diferenciado co nome de Eidos de Arriba para a parte norte e Eidos de Abaixo para a parte sur. Este carácter de crecemento irregular provoca a creación de viarios estreitos e cun trazado tortuoso, coma resultado do baleiro que deixan os muros de peche e en moitos casos as propias fachadas das edificacións, o que dificulta en moitos casos a existencia dunhas axeitadas condicións de accesibilidade a un dos puntos de maior atracción do Concello.

A actuación busca mellorar as condicións e características dos espazos públicos existentes, así como as características dos viais de acceso á Igrexa de Santa María de Sela, hoxe en día inadecuados tanto para peóns coma para tráfico rodado, polo que á intención principal da actuación baséase na mellora da accesibilidade global do ámbito.

Os dous grandes espazos centrais da actuación (zona do Cruceiro e zona do hórreo) recuperan o seu valor de zonas estanciais co uso de mobiliario urbano axeitado e elementos que lle devolvan a calidade urbana, xerando espazos interesantes e amables para os usuarios.

Aberto o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoán en Nigrán

0

O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoan. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela (da súa titularidade), así como nome e datos dos responsables da mesma (os solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.).

O Concello de Nigrán ven de dictar un Bando onde fai constar tódolos aspectos que se deben ter en conta á hora de confeccionar a fogueira. Este inclúe as seguintes directrices:

  • O material inflamable da fogueira deberá estar amontonado con un día de antelación á súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.
  • O volume do material combustible da fogueira non superará os 5 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.
  • A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados productos inflamables nin zonas forestais.
  • Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.
  • Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
  • En todos os casos os solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.
  • Ademais do indicado, deberá terse en conta que a posibilidade de realizar a fogueira, e as condicións da mesma, dependerán tamén do que poidan sinalar as normas xerais de aplicación, incluídas as de carácter sanitario referidas ao COVID- 19, asi como do que en aplicación das mesmas se consigne na correspondente resolución administrativa.

A Cañiza reformará as pistas de tenis municipais

0

O Concello da Cañiza levará a cabo unha reforma que substituirá a totalidade do pavimento deportivo das dúas pistas de tenis, nunha superficie total de 1.400 m2, cambiará todo o pechamento de protección perimetral e dotará a esta instalación deportiva de nova iluminación.

Unha actuación cun investimento inicial de 71.084,03 €, impostos incluídos, desagregados en 65.567,40 € correspondentes á execución da obra, 2.129,60 € de honorarios de redacción de proxectos, 2.359,5 0€ de honorarios de dirección de obra e 1.027,53 € para os honorarios de coordinación de seguridade e saúde. Estes honorarios foron adxudicados á empresa Calderón & Asociados Ingeniería Medioambiental.

A reforma está financiada ao 100 %. O Alcalde Luis Piña asinou o pasado 13 de marzo un Convenio de colaboración coa empresa RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA S.A.U para financiar a obra por un importe 51.085,00 €. Ademais, e para financiar a cantidade restante, a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello o pasado 31 de marzo de 2023 unha subvención de 19.999,03 €, ao abeiro das axudas do Plan Concellos 2023, dentro da Liña 1 de investimentos.

No procedemento de licitación da obra presentouse soamente a mercantil PRACE SERVICIOS Y OBRAS S.A., que presentou unha oferta de 63.600,38 € e que comezará as obras nos vindeiros días.

Unha reforma que ten como obxectivo dar maior valor a esta zona deportiva, proxectando a renovación de todo o pavimento deportivo, pechamentos e iluminación. Todo o que permitirá optimizar a realización das actividades deportivas e ampliar os horarios de uso das mesmas.

A Guarda súmase á Axenda 2030

0

O Concello da Guarda presentou, o pasado 12 de maio, un Plan de Acción para a implementación da Axenda 2030 e os seus 17 ODS, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e con financiamento da Xunta de Galicia, que establece unha serie de accións a curto, medio e longo prazo a nivel municipal para o período 2023-2025.

Este Plan de Acción é o resultado dun proceso de análise-diagnose previo no que se avaliou o grao de aliñamento e cumprimento da Axenda 2030 do Concello. O seu obxectivo foi deseñar, publicar e obter como referencia un documento estratéxico no que se describan as principais actuacións que o Concello da Guarda debe realizar nos próximos 3 anos para incrementar a súa contribución ao cumprimento de cada un dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, mellorando os índices de benestar da cidadanía e construíndo un entorno mais respectuoso co medio ambiente.

A presentación do Plan de Acción terá lugar o día 12 de maio ás 12 horas no Concello da Guarda e estará dirixida polo alcalde, Antonio Lomba, e contará coa participación de Andrea Corzo, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o equipo de ICSEM, a empresa que participou na elaboración dos documentos.

Celebración en Mos do Centenario do Celta

0

O Multiúsos das Pozas encheuse con preto de 400 alumnos do IES de Mos que participaron nun encontro con xogadores do RC Celta de Vigo nun acto que forma parte do programa “CelebraMos o Centenario” que arrancou o pasado 8 de marzo na Cidade Deportiva Afouteza, en Mos.

No acto participaron Larsen, Luca de la Torre e Swedberg; ademais do vicepresidente do club, Ricardo Barros; e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; quen agradeceu ao club este emocionante acto para os rapaces. “Quero agradecer ao RC Celta de Vigo, ao seu vicepersidente a e a os xogadores o agarimo co que prepararon este encontro”, destacou Arévalo.

Durante o encontro, os rapaces de primeiro a terceiro da ESO do IES de Mos tiveron a ocasión de ver un vídeo de animación sobre a historia dos cen anos do Club celeste e dez deles puideron formularlles preguntas aos xogadores. Entre elas, algunhas como que outra profesión elexirían de non ser futbolistas, consellos básicos de alimentación ou que trofeo lles gustaría gañar xogando co Celta.

Nun ambiente moi distendido, os alumnos do IES participaron tamén dun show Freestyle a cargo de Alejandro Portilla no que mesmo se lles invitou a participar dous deles.

“CelebraMos o Centenario” incluiu tamén un programa de visitas guiadas a Afouteza no que participaron centros de mosenses e unha plantación de 1.000 árbores en Mos, á que se sumou o club celeste, con motivo do Día Mundial dos Bosques.

O CN Ponteareas revalida por terceiro ano consecutivo o título de campión de liga máster

O Concello traslada os seus parabéns ao Club Natación Ponteareas pola súa destacada actuación esta tempada, na que revalidou título de campión de liga máster por terceiro ano consecutivo. Tras cinco xornadas de intensa competición, o equipo acumulou un total de 3.927,5 puntos, liderando con solidez e marcando distancia respecto aos seus competidores máis próximos, o CN Vigo Rías Baixas e o CN Escualos.

Un éxito que se completa co gran triunfo na Liga Máster, na que o club tamén se proclamou campión nas categorías masculina, feminina e conxunta durante o Campionato Galego de Inverno. Uns logros que, como destaca o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, “reflicten o arduo traballo, dedicación e talento dos nadadores e nadadoras e o corpo técnico do club”.

O equipo xa ten novos retos no horizonte, xa que o vindeiro 3 e 4 de xuño competirá no Campionato Galego de Verán de Ourense, buscando manter o seu dominio nas piscinas. Ademais, o club prepárase para o emocionante Campionato Galego de Augas Abertas que se levará a cabo o 10 de xuño no río Tea.

Bouzó eloxiou o excelente momento que está a vivir o CN Ponteareas e transmitiu as súas felicitacións ao club por todos os seus logros. “É un orgullo ver todos os éxitos que colleita e que son froito do esforzo, dedicación, talento e paixón que todas e todos os seus integrantes poñen día a día”, salientou ao tempo que lle desexou moito éxito nos vindeiros desafíos.

Baiona únese ao compromiso Net-Zero

0

O Concello do Baiona pon en marcha o proxecto Baiona Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular.

As principais medidas de Baiona o Net-Zero son o cálculo da pegada de carbono do Concello como institución e a neutralización da mesma nos nosos montes, o acceso ás comunidades de montes ao mercado do carbono e facilitar ás empresas e comercios de Baiona a conversión en negocios Net-Zero axudándoas a rentabilizar esta inversión.

A iniciativa foi presentada onte ao tecido empresarial e comercial de Baiona da man de David Lemos, representante de AirCO2.

Como Concello, achegarse á neutralidade de carbono é tamén unha resposta a unha realidade incontestable, defendida pola sociedade, polo mercado e recollida na axenda 2030 coa que se aliña o Concello de Baiona.

Desde a administración local búscase que os baioneses e baionesas poidan sacar peito de pertencer a un concello responsable e referente no tocante ao medio ambiente. Responsable porque nos facemos cargo das emisións de CO2 que xera a actividade profesional e trabállase para reducilas e neutralizala, e referente porque quérese ser un exemplo a nivel rexional e nacional de modelo de xestión municipal que vai por diante en materia de economía circular aplicada á pegada de carbono.

Co lanzamento deste proxecto a administración local conseguirá ademais de preservar e manter os nosos montes, revalorizar o rural e promover a sustentabilidade da industria e comercio do municipio.

O interese demostrado polo tecido empresarial e comercial por este proxecto demostra, o interés común de posicionar a Baiona como un concello concienciado e comprometido co medio.

Covelo disfruta do Día das Letras Galegas con contacontos

0

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade organizada polo Día das Letras Galegas, o mércores 17 de maio ás 17:00 horas. Da man de Barafunda Animación, na praza Mestre Cerviño, os espectadores trasladaranse ao mundo da Galicia meiga para coñecer lendas e a mitoloxía agochada nos recunchos máis insospeitables.

Barafunda Animación

Barafunda S.L. leva en activo desde 2009 co propósito de facer realidade as ilusións dos máis nenos e dos adultos incluídos.

A empresa está formada por unha ampla equipa de profesionais especialistas en ocio educativo, animación sociocultural e produción de eventos.

Tomiño organiza unha morea de actividades con motivo do Día das Letras Galegas

0

Tomiño conmemora o Día das Letras Galegas cunha morea de actividades o propio 17 de maio coas que poñer en valor o galego e fomentar o seu uso, especialmente entre a infancia e a mocidade. Por este motivo, o vindeiro mércores o Concello organizará diferentes obradoiros, música, teatro e descontos nas librarías nas compras de libros en galego.

A Praza do Seixo acollerá de 10.00 a 14.00 horas seis talleres variados para todos os públicos organizados polo grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño que conforman unha xincana coa que deberán conseguir selar todas as letras da palabra ‘Galego’ para recibir de balde unha chapa e unha camiseta co deseño gañador desta edición do concurso do Día das Letras Galegas, que este ano gañou o tomiñés Andrés Álvarez.

A primeira actividade será ‘Galepalabra’, unha sorte de rosco co abecedario galego no que as persoas participantes deberán ir acertando as palabras ás que se refiren distintas definicións. En ‘Aprender galego con xogos ancestrais’ a través dunha aplicación do Observatorio do Patrimonio Lúdico o público aprenderá a lanzar buxainas, en ‘Rosalía ABC’ tratarase de chegar ao máximo de palabras en galego da a á z, mentres que en ‘Cantamos/Contamos’ hai que saber continuar coñecidas cancións de antes e de agora. A xincana rematará cos obradoiros ‘Adiviña quen’, no que cada persoa participante deberá descubrir que persoa coñecida galega se lle asignou, e ‘Creatividade’, co que inventar un poema en galego, compartir un refrán… nunha lona penduraba para logo sacar foto e publicalo nas redes sociais.

Xa ás 11.30 horas a mocidade tomiñesa representará ‘O enterro do galego’, no que cada persoa voluntaria disfrazarase dun idioma do mundo para asistir á morte da lingua galega por caer en desuso. Un espectáculo con final alegre, xa que nenos e nenas comezarán de novo a falar o galego e conseguen resucitalo. Ás 12.00 horas ademais a Agrupación Musical de Goián dará un concerto na Praza do Seixo.

Por outra banda, para fomentar a lectura en galego e en colaboración co comercio local, Concello e librarías de Tomiño ofrecerán un 40 % de desconto en todos os libros que se merquen en lingua galega ese día.

Esgótanse en minutos as prazas para hacer rafting con programa ‘Vive o Rio Minho’

Novo éxito de inscrición nas actividades ecoturísticas do programa ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra e o AECT Rio Minho para promocionar o río Miño como destino turístico transfronteirizo. De novo, as prazas dispoñibles para a actividade deste sábado, consistente nunha visita cultural a Arbo e a Melgaço e unha xornada de ‘rafting’, esgotáronse en apenas minutos.

As persoas aspirantes tiveron que agardar un pouco máis do previsto, pois unha incidencia informática impediu que a aplicación para solicitar as prazas estivese operativa ás nove da mañá, tal e como estaba programada. Solucionado o problema, a inscrición transcorreu sen incidencias.

As persoas participantes na actividade deste sábado gozarán dunha xornada de ecoturismo entre Melgaço e Arbo. Haberá unha visita guiada á vila de Melgaço e ao Solar do Alvarinho en Portugal para despois visitar o Museo Arabo do viño e a lamprea en Arbo. Pola tarde haberá balsismo na zona de Arbo dirixido pola empresa Arrepións. A actividade é para maiores de 12 anos, sendo imprescindible tamén saber nadar. Comezará ás 10 da mañá e rematará ás 20.30 horas.

 ‘Vive o Rio Minho’, desenvolvido dentro do proxecto homónimo financiado con fondos europeos do programa ‘Interreg V-A POCTEP 2014-2020’’, pretende ser unha alternativa turística que permite coñecer o territorio transfronteirizo do Miño dun xeito tranquilo, seguro e non masificado buscando a natureza, a cultura e toda a riqueza que ofrece a contorna.

Anel Verde

A seguinte xornada para a que se abrirá inscrición o vindeiro luns será a do sábado 27 de maio, que se desenvolverá entre Monção e Salvaterra de Miño, onde se realizará unha ruta circular de sendeirismo (12 km e dificultade media) polos Longos Vales de Monção, unha visita guiada a Salvaterra de Miño, e unha visita e degustación no Museo da Ciencia do Viño.

As rutas de sendeirismo pola contorna do río Miño pretenden ser unha maneira de achegar ao público o futuro Anel Verde do Miño, unha iniciativa que o AECT Rio Minho pretende desenvolver con fondos europeos e que consiste na creación e mellora dun circuíto circular ciclable de 196 kilómetros que prevé conectar os concellos de ambas marxes do río Miño a través de sendas e rutas xa preexistentes.

Hai que lembrar que todas as actividades do programa ‘Vive o Rio Minho’ son de balde e están destinadas ao público xeral (maiores de 12 anos que saiban nadar). As inscricións para os eventos realizaranse entre o luns anterior ás 9 horas e ata o xoves ás 23 horas no caso de non cubrir as prazas con anterioridade.

Récord de participación e público nesta edición da Sestelo Clásica Álvaro Pino

O gran fondo cicloturista que leva o nome do ilustre exciclista pontareán tivo lugar este domingo en Ponteareas.

A oitava edición deste evento deportivo consolídase como unha das referencias do calendario cicloturista nacional, e acolleu a participantes de diferentes puntos de España que se desprazaron a Ponteareas para participar na marcha.

Un dos momentos máis emotivos foi a chegada a meta dos membros de Discamino que fixeron o percorrido curto de 67 quilómetros, como o tándem formado por Iván Bragado que xunto co seu piloto Mauro González completaron o total da proba de 123 quilómetros e os seus seis portos de montaña nun total de 7 horas.

Os organizadores destacan a importancia de todos os patrocinadores, colaboradores e institucións públicas e privadas para a celebración deste evento: Concello de Ponteareas, Grupo Sestelo, Btravel, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Concello de Salceda de Caselas, GDR Condado Paradanta, entre moitos outros que colaboraron neste evento deportivo.

Previa á CAP

O sábado 13 celebrouse a Feira do Corredor na Praza de Bugallal onde levou a cabo unha Xincana Infantil para os máis pequenos organizada por Lynalfa Club Ciclista Ponteareas.

Posteriormente tivo lugar unha charla coloquio na que participaron o propio Álvaro Piñeiro e Miguel Indurain, e na que tamén participou Rafa Rodríguez, ex-futbolista, director e axente deportivo, e fillo e sobriño de dous dos gañadores da Volta a España tamén nacidos en Ponteareas, os irmáns Emilio e Delio Rodríguez, e que contou como condutora da mesma ao xornalista deportivo Terio Carrera. Tras a charla tivo lugar unha firma de autógrafos de Miguel Indurain e Álvaro Piñeiro que contou cunha gran afluencia de público e afeccionados ao ciclismo. Para finalizar o evento tivo lugar un concerto do Rock in Río Tea na Rúa e un cóctel para patrocinadores que organizou Grupo Sestelo, patrocinador principal da marcha, nas súas instalacións.

Participantes

Nesta edición da Sestelo Clásica Álvaro Piñeiro participaron figuras destacadas do deporte nacional e galego como o propio Álvaro Piñeiro, Miguel Indurain, Ezequiel Mosquera, Óscar Pereiro, Guillermo Janeiro, Alejandro Marque, Claudia García e Borja Gómez.

Desde o Concello de Ponteareas e a organización da Sestelo Clásica Álvaro Piñeiro queren seguir destacando a importancia da Marcha Cicloturista nesta localidade, xa que é a única localidade de España e do mundo que conta no seu palmarés con tres gañadores da Volta a España: o propio Álvaro Piñeiro e os irmáns Delio e Emilio Rodríguez.

Mellores tempos tramo cronometrado

A proba contou cun tramo cronometrado no alto de Franqueira por Uma, o tramo máis duro da marcha con 741 metros de altura, que deu comezo no quilómetro 56 da marcha e finalizou no km 64. Os mellores tempos deste tramo marcáronos Carlos Bautista Bugarín, na categoría Absoluta Masculina, Guillermo García Janeiro, na categoría Elite Masculina, e Claudia García Salgado, na categoría Absoluta Feminina.

Concerto de Davide Salvado no convento de Santa Clara

Davide Salvado presenta este xoves 18 de maio ás 21:00 h na igrexa do convento de Santa Clara o seu novo proxecto ‘Permita Deus’, concibido coma “un acto de fe no patrimonio’, no marco das actividades programadas polo Museo de Pontevedra no ‘Día dos Museos’. A voz e as percusións de Davide estarán acompañadas do violín de Cibrán Seixo e a guitarra eléctrica de Antonio Casado para convidarnos a un recollemento sonoro con forma de concerto e fondo de acto espiritual, para o cal a igrexa do convento de Santa Clara será un escenario único.

‘Permita Deus’ é o novo proxecto dunha das voces máis carismáticas do noso país. Nel percorre un catálogo moi persoal de cancións que quere facer ao espectador partícipe da intimidade dunha atmosfera creada por un son preciosista, lento e un pouco meditativo.

De formación autodidacta, Davide Salvado leva media vida percorrendo aldeas en busca de ritmos, coplas e danzas, de todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música senón tamén do seu modo de vivir. O amor pola tradición, por Galicia, pola cultura e o grandísimo respecto pola nosa terra fan da maneira de entender o canto de Davide moito máis que simplemente música.

A súa traxectoria iniciouse hai vinte anos como membro de Ecléctica Ensemble. A súa versatilidade permitiulle achegarse a xéneros como o cabaré ou o teatro. O seu primeiro traballo discográfico en solitario foi ‘Árnica pura’, producido por Eliseo Parra en 2011, ao que seguiu ‘Lobos’ en 2015, un disco inspirado pola cultura tradicional e a imaxe dunha Galicia pura e salvaxe, que produciu Pedro Pascual. A estes discos en solitario súmanse os proxectos discográficos ou sobre o escenario compartidos con artistas como Ugia Pedreira, Cristina Pato, Santi Cribeiro, Kepa Junquera ou Yo-Yo Ma, entre outros.

Día Internacional dos Museos

O concerto forma parte da programación coa que o Museo de Pontevedra celebra o 18 de maio, Día Internacional dos Museos. Con ‘Museos, sostibilidade e benestar’ como eixo temático, a programación complétase cunha exposición itinerante para achegar a arte ás persoas maiores, unha visita guiada sobre museo e benestar e o espectáculo de monicreques para público familiar ‘O peirao’, de Diáspora Teatro.

O xoves 18 de maio, coincidindo coa data na que se celebra o Día dos Museos, unha exposición itinerante de reproducións de obras de arte do Museo chegará á Residencia da Terceira Idade de Campolongo. Alí, a consultora e formadora en Interpretación do Patrimonio, Isabel Fernández Domínguez, acompañará ás persoas usuarias do texto para interpretar con elas as obras da colección do Museo reproducidas.

O venres 19 ás 18 h terá lugar unha visita guiada no Edificio Castelao, a cargo do  equipo de Educación do Museo. Nela proponse unha nova mirada sobre a colección permanente para amosar como se reflicten as preocupacións pola sostibilidade e como contribúen ao benestar da sociedade.

‘O peirao’, de Diáspora Teatro

O sábado 20 de maio ás 12:30 h no Edificio Castelao, o público familiar a partir de 3 anos, poderá gozar dun espectáculo no que se mesturan narración oral, teatro de obxectos, monicreques e clown. ‘O peirao’ é un espectáculo de Diáspora Teatro con contos sobre como coidarnos coidando da natureza.

O espectáculo propón unha viaxe sen rumbo que ten como punto de saída o peirao, o lugar de onde saen moitos barcos e onde chegan outros. Aí xúntanse todas as historias que non se sabe moi ben xa de onde veñen, porque se mesturan co que hai en terra.

Diáspora Teatro é unha compañía galego-arxentina de narración oral e teatro de monicreques e obxectos. Nace no ano 2020 da man de María Dobronich e Dani Blanco ante a necesidade de achegar ao público historias simples e cotiás, que son o motor para a busca dunha poética propia, un teatro desde o escenario ata o corazón.

Aprobada a cesión de terreos da coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto ao concello da Cañiza

0

Na sesión de hoxe, celebrada ás 9:00 h, o Pleno do Concello da Cañiza aprobou por unanimidade o texto do convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto, para a cesión de uso de 81 m2 de terreo, así como os permisos de acceso aos mesmos, nunha parcela próxima ao campo de fútbol do Couto. Esta acción ten o fin de albergar as insfraestruturas e equipamento necesario para mellorar a cobertura das comunicacións móviles na parroquia do Couto, unha das máis deficitarias de todo o Concello.

Esta colaboración iniciouse o pasado 17 de novembro de 2022, data na que a Alcaldía  informa á Comunidade de Montes de Xunqueiras da posibilidade de mellorar as comunicacións móviles na parroquia. Unha actuación que tiña que contar coa colaboración da CMVMC, aprobando a cesión dunha pequena parcela de terreo comunal a favor do Concello para a instalación da antena. 

Esta posibilidade de mellora parte inicialmente da adhesión do Concello ao Convenio de colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia.

O Concello adheriuse a este Convenio en 2020, ao existir no noso municipio numerosas zonas sen cobertura móbil. Despois de varios estudos e verificacións técnicas, Amtega inclúe nas súas actuacións as parroquias do Couto e de Luneda por estar catalogadas como zonas con altas deficiencias de cobertura.

No listado publicado por Amtega aparecen 64 municipios de toda Galicia con zonas identificadas como “Zona_con_deficiencia”, elexidas todas elas beneficiarias deste proxecto para a mellora de cobertura móbil. Na provincia de Pontevedra solo se actuará en 6 municipios, entre eles A Cañiza nas parroquias do Couto e de Luneda.

Tui énchese de libros e animación para celebrar o Día das Letras Galegas

0

Este mércores, Día das Letras Galegas, celébrase a XXIV Feira do Libro Galego, no Paseo da Corredoira. Participarán as librarías Iris e Nobel con trece postos de exposición e venda de libros, nos que haberá un 10 % de desconto.

A concellería de Ensino e Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente, elaborou un amplo e variado programa de actividades a celebrar ao longo da xornada para dinamizar esta feira do libro e para a promoción das nosas letras, a cultura e a lingua de Galicia nesta celebración do 17 de maio.

A programación comeza ás 11.30 h coa lectura do pregón a cargo da escritora tudense Beatriz de Saracho, que vén de publicar estes días a súa primeira novela “La llave de plata” no selo Martínez Roca da Editorial Planeta. Beatriz de Saracho é mestra de Educación Infantil nunha das aulas do CRA “Mestra Clara Torres” de Tui, onde cada día os seus alumnos lémbranlle que existen moitas formas de facer maxia. Como ela mesma afirma, a lectura sempre a acompañou e por iso un día decidiu que era o momento de devolverlle o favor en forma de historias.

Ás 12.00 h a compañía de monicreques “Viravolta”  presenta “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”, espectáculo clásico do teatro de marionetas popular no que empregan un retablo, unha guitarra e monicreques de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón. A representación, indican dende a compañía, a levan a cabo “tal e como nos chegou nas lembranzas da máxica velada do 6 de xaneiro de 1923 na que Federico García Lorca, Manuel de Falla e Hermenegildo Lanz agasallaron á familia e os veciños na casa do poeta”.

As actividades continúan ás 18.30 h co espectáculo “A maxia nas letras” a cargo do mago tudense Samuel Moreno, que conta cunha ampla traxectoria que o levou a participar como concursante en “Got Talent” ou presentar o seu espectáculo “Why Not” no teatro OFF Latina de Madrid, e posteriormente en numerosas salas por toda España. O mago promete diversión neste espectáculo onde a participación do público é fundamental, tendo a oportunidade de presenciar a maxia en primeira persoa.

De seguido o Paseo da Corredoira será escenario da actuación da Banda de Gaitas “A Insua” da parroquia tudense de Caldelas con varios pasarrúas e a interpretación de diversas pezas folclóricas para animar ás últimas horas desta nova edición da Feira do Libro Galego de Tui.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, sinala que a celebración desta nova edición da feira do libro é “unha fermosa oportunidade para celebrar o Día das Letras Galegas cunha proposta de actividades que arredor da nosa lingua e a nosa cultura que ofrece o Concello de Tui dirixidas a todas as idades”. Lembra que estas actividades forman parte da programación “Tui en letras” que abrangue os meses de abril, maio e xuño e que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra.

O famoso bandoleiro galego Toribio de Mañón chega ao Rosal

0

A Praza do Calvario prepárase para acoller un novo espectáculo ao abeiro do Primavera na Praza, un programa co que empregar a cultura non só como actividade de lecer para a veciñanza, senón tamén como forma de convivencia e de encontro social para desfrutar do Rosal. A vindeira actividade será este sábado 20 de maio, cun novo espectáculo de balde dirixido a público a partir das 12.00 horas.

Os monicreques tomarán a praza da man da compañía Viravolta, que recreará con formas do teatro popular as andanzas que lle deron fama a Mamede Casanova, máis coñecido como Toribio de Mañón, un famoso bandoleiro galego de principios do século XX. Unhas aventuras que o levaron a rematar cos seus ósos no cárcere e que inspiraron a Ramón María del Valle-Inclán para escribir a súa obra ‘Las galas del difunto’.

Viravolta Títeres é unha compañía creada en 1982 que ten participado en numerosos festivais, circuítos e feiras, como o Salón Internacional de Teatro Infantil ‘Generation Nos’, o Festival de Teatro de Ribadavia, o Festival Internacional de Monicreques de Santiago ou a Feira Internacional de Teatro de Monicreques de Lleida, entre outros.

SmartPeme propón esta semana dous novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático.  Centraranse no posicionamento SEO e no deseño de páxinas webs a través de Elementor.

Mañá martes ás 18 horas terá lugar o obradoiro “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”, no que se dará a coñecer os factores externos que afectan ás páxinas web e condicionan o seu posicionamento, así como a optimización das prácticas en SEO e a súa medición a través da analítica web para poder mellorar os resultados. Esta acción formativa será impartida por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

O xoves 18 ás 12 horas comezará o obradoiro “Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor”. Elementor é un construtor gratuíto de páxina de WordPress, o que permite crear sitios web profesionais de forma doada e rápida, sen precisar coñecementos previos sobre programación e código. Este obradoiro será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Arbo non se dá por vencido

0

O Concello de Arbo e as dúas asociacións afectadas continúan coa loita contra a liña de alta tensión Fontefría-Fronteira portuguesa.

Todos os recursos presentados con anterioridade foron rexeitados, así tamén terminou o prazo legalmente establecido para o ditame de resolución, por parte da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, con respecto do requirimento de anulación formulado polo Concello fronte á Resolución de data do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, sendo desestimado o citado requirimento de anulación por parte do Goberno de España.

Despois de que todos estes recursos foran rexeitados, Concello e asociacións procederon a interpoñer un recurso contencioso-administrativo no xulgado, reiterando así o seu “non” a dita liña de alta tensión, contando tamén co apoio incondicional dos veciños.

Ademais, o concello de Arbo conta co apoio das vilas veciñas das Neves, Monçao e Melgaço, o que representa unha grande axuda.

Homenaxe en Camos aos irmáns San Román

0

O Concello de Nigrán continúa a preservar a súa memoria honrando aos grandes mecenas da parroquia de Camos e de todo Nigrán: os irmáns Francisco e Severino San Román, emigrantes ilustres en Uruguay e practicamente descoñecidos na súa terra natal. Así, desde esta semana, un panel coa súa espectacular historia preside o parque de Balinfra, lugar das antigas escolas que eles mesmos financiaron.

Estes camoeses do barrio de Piñeiros fundaron xuntos en Montevideo o mítico Café Polo Bamba no 1885, refuxio de intelectuais vangardistas que ‘Don Pancho’ deixou en 1898 para emprender a súa propia aventura empresarial creando o Tupí-Nambá, descrito como o gran café de sudamérica e un dos máis luxosos do mundo e polo que desfilaron os máis relevantes intelectuais de principios do século XX. “Ambos irmáns foron respectados en todo Uruguai por ser uns mecenas das artes e das letras sen que ata agora se recoñecese esa labor na parroquia que nunca esqueceron e pola que loitaron para acadar estas escolas”, explica o alcalde e historiador, Juan González.

Francisco San Román foi o primeiro presidente en Uruguai da ‘Unión Hispanoamericana Pro Valle Miñor’ e formou parte da “Asociación Protectora de la Cultura Gallega”. Ao mesmo tempo, presidiu desde Montevideo o ‘Comité Pro-Edificio Escuela de Santa Eulalia da Camos’ que solicitou ao Ministerio de Instrucción Pública e Bellas Artes do goberno central a construción deste centro escolar con dúas aulas, unha para nenos e outras para nenas, así como vivenda para os mestres. Dita comisión, composta por emigrantes, aportaría no 1929 un total de 11.000 pesetas, e nos sucesivos anos máis cartos e mesmo planos, colaborando o Concello coa adquisición do terreo. Consta que o seu irmá Severino regresou a Nigrán a lo menos en agosto de 1907 para entregar persoalmente os cartos recadados tamén polos emigrantes para a construción da ‘Escuela de Artes y Oficios del Valle Miñor’. Sen embargo, o proxecto das escolas de Balinfra non se faría realidade ata o ano 1959, pechándo no 2010 ante a merma de rapazada na parroquia.

O Concello de Nigrán quere homenaxear deste xeito aos emigrantes que fixeron posible, entre outras, estas escolas de Camos e, ao mesmo tempo, reivindicar as figuras de Francisco San Román, coroado na época como ‘Rey de los Cafeteros’ e descrito como un bibliófilo empedernido “xeneroso, aberto, amable e con simpatía persoal”; e tamén a de Severino San Román, coroado “Emperador de los Cafeteros’ e coñecido por ser un anarquista de personalidade idealista e bohemia que deleitaba aos clientes do Polo-Bamba coas súas “Pelipondias” –como el mesmo bautizou os seus discursos disparatados– ou representacións sas suas propias obras teatrais (chegou a publicar varias).

Areeiro prevé un aumento do mildio polas esporas no ambiente

A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta da posibilidade de que a presenza do mildio nas viñas aumente nos vindeiros días, despois de constatar un aumento do volume de esporas recollidas, que pasou dos 20 esporanxios/m3 de aire a máis de 100/m3 ou incluso a 200. Isto prodúcese debido ás condicións favorables dos últimos días, xa que as temperaturas mínimas continuaron relativamente altas, o mesmo que sucedeu coa humidade relativa diaria, que en xeral estivo por riba do 80%, ao que se uniron as choivas que na pasada fin de semana chegaron a superar os 30 l/m2 nalgunhas zonas da provincia. Todo isto levou a que se multiplicase o número de manchas nas plantas tratadas hai dúas semanas, e incluso apareceron manchas novas e algún acio illado amosa esporulación incipiente.

O centro aconsella renovar a protección antimildio naqueles predios nos que se vexan síntomas ou estea próximo a finalizar a protección do tratamento anterior. Como noutras ocasións, o aviso lembra a importancia de evitar aplicar o tratamento naqueles días nos que o vento sopre con intensidade, caso no que recomenda deter o traballo ata que reduza por debaixo dos 11 km/h.

Areeiro tamén alerta do incremento dos síntomas de black rot en viñas de todas as zonas da provincia, de maneira máis tímida nas plantas máis tratadas e de xeito máis evidente nas abandonadas dos muros, onde apareceron tanto no limbo foliar como nalgúns pecíolos. No caso de que aparezan síntomas, o centro dependente da Deputación recomenda aplicar un antimildio con efecto fronte a este patóxeno para limitar a incidencia de posibles contaminacións dos acios.

No relativo a outras especies vexetais, o aviso fitosanitario advirte dunha maior presencia de colonias de pulgón cincento en maceiras de diferentes zonas da provincia, para o que recomendan eliminar as follas afectadas ou, se aumentan, tratar as árbores. Tamén recomenda seguir instalando trampas para a avelaíña da maceira. Por último, nas árbores de ribeira xa se empezan a observar os síntomas de diferentes especies de crisomélidos, que afecta sobre todo aos salgueiros, mais tamén empeza a ser notoria nos amieiros.

“The Last Of Us”

Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie “The Last Of Us”, una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico. La verdad, es que bien pensado, es algo que podría suceder tranquilamente en nuestros días, es más, comienza en la época en la que estuvimos sufriendo el covid, ¿se acuerden de ellos, en aquellas fechas lejanas del año 2020 cuando un virus amenazó con destruirnos y que parece que ya no ha pasado nada porque todo el mundo lo está tomando como algo del pasado? Pues algo parecido sucede en la serie, sólo que el virus, si destruye a una gran parte de la humanidad. Bueno, no solamente le virus, porque lo que no lo destruye, los propios humanos se encargan de destruirla. Personalmente, aunque he leído numerosas noticias sobre dicha serie si es la mejor de HBO, si la más vista, … tengo que decir, que para mi, la famosa plataforma norteamericana, tiene series bastante más interesantes, que la historia, se ha visto en bastantes ocasiones, que hay fallos en el guion y los actores, bueno, no está mal, pero no son de Oscar. Ahora bien, si profundizamos en la historia en si, la del virus, algo que hemos sufrido no hace mucho tiempo y cómo hemos reaccionado. Cómo responde la humanidad antes situaciones similares, menos preciando al prójimo, matando, robando, saqueando, es decir, el sálvese quién pueda. La falta de raciocino y no ver más allá del día siguiente. Lo que es capaz de hacer el ser humano por su supervivencia y que siempre queda una rayo de esperanza, aunque a veces sea muy tenue.

Pienso, que series cómo esta, o películas del mismo estilo, nos deberían de hacer reflexionar hacía donde quiere ir la humanidad, y si realmente, esa palabra se corresponde con al realidad, porque a veces da la sensación de que los animales son más humanos que nosotros mismos. No hace mucho tiempo, se decía que después del covid, íbamos a salir fortalecidos, dos años y pico después, me pregunto en que. Seguimos cometiendo los mismos errores de siempre, seguimos sin pensar en el futuro y ya no digamos en el prójimo. Estamos en el mismo mundo de mentiras de hace unos años, o peor, porque ahora, tenemos una guerra de nuevo en Europa, una nueva crisis bancaria, que acabaremos pagando los de siempre, una crisis económica en ciernes, una locura de precios que parece no tener fin, pero no pasa nada, seguimos viendo la vida pasar y no nos preocupa nada. Esperemos que nunca llegue a suceder lo mismo que en “The Last Of Us”.

Mientras ese momento que esperemos, no llegue nunca, seguimos recomendando buena música, es esta ocasión nos vamos a quedar con un excelente recopilatorio de música ambiental / espacial y con un clásico de este genero cómo Robert Rich, que los disfrutéis.

Compositor: Varios

Disco: Soundscape Gallery 2

Año: 1998

Publicado en el año 1998, estamos ante un excelente recopilatorio de música espacial / ambiental para todos los amantes del género y para todos aquellos que se quieran adentrar en el mismo.

Segundo recopilatorio publicado por el sello norteamericano Lektronic Soundscapes, un sello creado por Angel Romero en 1992 y que en el 1993 se estableció en EEUU. Lamentablemente, después de haber publicado varios discos muy interesantes y de gente conocida como Steve Roach o Spacecraft, echó el cierre en el año 2001,

En este recopilatorio que recomendamos hoy, nos encontramos gente de la talla de Michel Huygen, Alpha Wave Movement, Rüdiger Gleisberg, Michael Stearns o Jeffe Pearce.

Cómo decíamos, una magnífica forma de conocer algunos de los compositores más importantes de la música espacial / ambiental.

Compositor: Robert Rich

Disco: Below Zero

Año: 1998

Web: https://robertrich.com/

Robert Rich no necesita presentación, es uno de los grandes compositores dentro del ambient, uno hombre que ha sabido llevar los sonidos espaciales, ambientales y profundos a un lugar difícil de alcanzar.

“Below Zero” es un trabajo publicado en 1998, un disco recomendado para todos aquellos que no conocen al compositor y que quieran ver cómo eran sus piezas de final del siglo pasado, ya que estamos ante un recopilatorio que incluye un tema inédito, pero que al mismo tiempo, recoge algunas piezas publicadas por el compositor a principios de la década de lo 90, un trabajo que nos permite conocer a la perfección la música del compositor además de adentrarnos en esos mundos espaciales del cual es un verdadero maestro.

Cualquier de los temas son muy recomendables, pero especial atención al “Star Maker”, dividido en cinco partes, es una auténtica maravilla.

Ponteareas xa goza do seu primeiro camiño escolar seguro

A veciñanza de Ponteareas pode gozar xa do seu primeiro camiño escolar seguro. O Concello vén de recepcionar a obra coa que se transformou a rúa Trobador Xoán García de Guillade nun espazo público de calidade para as persoas, un itinerario que permite o desprazamento seguro de nenos ata os centros educativos da contorna e triplica o espazo para a veciñanza apostando pola mobilidade sostible.

A alcaldesa, Cristina Fernández, participou este venres no acto de entrega das obras por parte da empresa concensionaria. Acompañados de persoal municipal revisaron todos os detalles dos traballos realizados, que supuxeron un investimento de case un millón de euros financiados a través de fondos do, programa ReacPon concedido ao Concello pola Deputación de Pontevedra, do Plan Concellos e de fondos propios.

Este novo itinerario de algo máis dun quilómetro dá resposta a unha petición de toda a comunidade educativa e beneficia a máis de 1.500 escolares do CEIP Ramiro Sabell e dos IES Val do Tea, Pedra da Auga e Barral, que poderán gozar dunha maior autonomía empregando para os seus desprazamentos ata os seus centros escolares unha contorna amigábel, segura, saudábel e atractiva.

“É ilusionante ver xa en marcha un proxecto co que moitos rapaces e rapazas de Ponteareas poderán exercer o seu dereito a moverse con liberdade e autonomía nun hábitat saudable, inclusivo, amable e seguro, facilitándolles a todas e todos experiencias e aprendizaxes propias”, remarcou a alcaldesa, Cristina Fernández.

Un desfrute do espazo que se estende tamén á veciñanza, que xa comezou a usar este novo itinerario para os seus desprazamentos e lecer antes de estar rematado completamente. O espazo está dotado de arborado para xerar zonas de sombra e contribuír ademais á redución da pegada de carbono, ademais de contar cunha gran cantidade de hortensias, as flores máis representativas do Corpus. Todo o camiño conta con numerosos elementos de mobiliario urbano como bancos, pensados para que as persoas maiores poidan gozar do espazo e descansar durante os seus paseos.

A alcaldesa destacou que “a veciñanza poderá desfrutar da transformación dun espazo degradado, con beirarrúas estreitas e sen arborado nunha zona de calidade para o paseo, o desprazamento a pé e a relación social”.

O IES Antón Alonso Ríos sitúa a Tomiño no mapa europeo de divulgación de robótica e programación

0

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño destaca como un referente na divulgación da robótica e da programación. Durante os últimos días, o centro educativo celebrou a Semana da Robótica, unha actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía na que o alumnado de 2º ESO puido gozar da robótica e da programación cos e coas estudantes de 2º de Bacharelato como monitores.

Trátase dun evento no que estaba incluída ‘Deseña un xogo coa IA’, unha actividade de intelixencia artificial que acadou o recoñecemento da ‘Code WEEK – Semana Europea da Programación’, o que sitúa a Tomiño no mapa europeo das actividade de divulgación de programación a mozos e mozas, persoas adultas e maiores “para achegar esas ferramentas ao gran público e reunir a persoas motivadas para que aprendan xuntas”. Por este motivo, o IES Antón Alonso Ríos recibiu o selo de entidade organizadora da Code WEEK a nivel europeo.

Avalada pola Comisión Europea, a ‘Code WEEK’ é unha iniciativa que promove a creatividade, a resolución de problemas e a colaboración a través da programación e outras actividades tecnolóxicas. Celebrarase do 7 ao 12 de outubro deste ano, aínda que no instituto tomiñés quentaron xa motores celebrando esta semana da robótica, coa que achegar ao alumnado dende un enfoque innovador a esta materia e axudar a desenvolver as habilidades tecnolóxicas do estudantado.

Ao longo da Semana da Robótica, o alumnado tivo unha primeira toma de contacto coa intelixencia artificial por medio dun xogo deseñado con Teachable Machine que inclúe voces simuladas para usar con tablets. Ao longo das sesións mozos e mozas achegáronse a varias intelixencias artificiais con demostracións ao vivo, xogaron a labirintos creados con Scratch, fixéronlle preguntas a unha ‘Bola de cristal’ que dá resposta a case todo ou viron canto de namorados estaban con dispositivos programados en Arduino.

As actividades foron propostas polo Departamento de Tecnoloxía, que leva todo o curso investigando sobre a intelixencia artificial para introducir os principais aspectos entre o alumnado, facer prácticas con pequenos grupos e valorar os aspectos éticos desta nova tecnoloxía chamada a dar un profundo cambio no día a dia apostando polas tecnoloxías innovadoras. Os 90 alumnos e alumnas que pasaron polos obradoiros recibirán un certificado de participación na ‘Code WEEK’.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo felicitar ao centro educativo e ao profesorado polos logros acadados na promoción da robótica e da programación entre a mocidade. “O IES Antón Alonso Ríos amosa o seu compromiso excepcional na formación de rapaces e rapazas e conseguir situar ao noso concello no mapa da divulgación tecnolóxica. Este recoñecemento reflicte o talento e a dedicación tanto do alumnado como do equipo docente. Moitos parabéns!”.

O Rosal cóidase para previr enfermidades

0

A unidade móbil do programa ‘Coidados porta a porta’ chega este mes ao Rosal para achegar servizos asistenciais ás persoas maiores que viven no rural e previr así diferentes enfermidades que poden chegar a causar dependencia. Os días 22, 23 e 24 de maio esta unidade estará situada a carón do centro de saúde para atender a aquelas persoas que queiran realizar algunhas das revisións que ofrece.

En sesións concertadas de ata 45 minutos, os rosaleiros e rosaleiras poderán asistir ao servizo de podoloxía, onde se fará unha consulta básica con valoración do estado xeral do pé, con corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, callos e helomas. Ademais poderán acudir á consulta de audioloxía, na que se fará unha valoración exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Por último, haberá tamén un servizo de estimulación da memoria, na que se realizará unha valoración cognitiva e na que se achegarán pautas para previr e diminuir posibles deterioros.

As persoas interesadas en asistir a calquera destes servizos deberán solicitar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Para completar a visita da unidade móbil, o luns 22 o auditorio municipal acollerá a charla ‘Coidado do oído e prevención de complicacións’, un encontro impartido pola persoa responsable do servizo de audioloxía da unidade móbil do programa ‘Coidados porta a porta’. A charla será ás 19.00 horas con entrada de balde.

Centos de veciños do Porriño arroupan a Alejandro Lorenzo no comezo da campaña electoral

Centos de veciños arrouparon esta semana ao candidato á reeleción á alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, no arranque da campaña electoral. A poucos minutos de comezar a pegada de carteis, os populares reuníronse para dar o pistoletazo de saída a unhas eleccións decisivas que determinarán o futuro do Porriño.

O candidato popular, Alejandro Lorenzo, estivo acompañado tamén por todos os membros da súa candidatura e polo conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña.

Lorenzo adiantou que enfocará unha campaña en positivo, “explicando á veciñanza o noso proxecto, acompañandoos, escoitandoos e facendo o mellor que sabemos facer: traballar para servir aos porriñeses”.

“Chegamos ata aquí con quince meses de traballo e xestión, con quince meses de feitos, de realidades que demostran quen somos e o que queremos”, continuou o candidato, “defendemos un proxecto realista e realizable, unha proposta honesta e viable respaldada por un equipo cunha capacidade de traballo ilimitada e unha entrega absoluta demostrada neste último ano”.

Tras o tradicional acto de pegada de carteis, Alejandro Lorenzo, agradeceu as mostras de apoio recibidas e chamou á mobilización para poder seguir construíndo “O Porriño que queredes, o Porriño que quero. E para iso necesitamos que todos e todas, que o 28 de maio deixemos ben claro co noso voto que queremos que O Porriño siga en marcha, que queremos un goberno estable e unido para que sexa imparable”, concluíu.

Redondela celebra por todo o alto a Festa do Choco

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaba a carpa de degustación para inaugurar este espazo gastronómico da  XXVI Festa do Choco. A partir das 19:30 h, en horario continuo ata o peche, os amantes do choco e os padais máis exquisitos poderán achegarse aos stands para degustar os diferentes pratos que ofrecen os participantes desta edición.

Entre os diferentes postos estarán Vigo e os catro elementos, restaurante O tranquilo, restaurante Casa Chano, panadería Luisa, La charruana, Paladarqueso e Anaquel Gourmet.

Este ano mantense as xornadas gastronómicas iniciadas na pandemia coa colaboración da hostalería ata o 14 de maio. Os participantes locais nas xornadas gastronómicas atópanse os bares e restaurantes: GASTRO BAR, ADEGA, ANTOLIN, CASA CONSEJO, CASA MUCHA, MERAKI, NOVO ROYALTY, OS AMIGOS, O XANTAR DE OTELO, CAFETERIA TAPERIA PATRI, RESTAURANTE LEMOS, PIZZERIA BOS AIRES e A COVA. Os diversos locais ofrecerán gran variedade de pratos como twister crocante de choco, tortilla de choco, brocheta de choco, croquetas de choco con queixo de arzúa, fabas con choco, hamburguesa de choco e tetilla, lasaña de choco ou os tradicionais arroz con choco e choco na súa tinta, entre outras moitas especialidades.

O venres 12 tamén tivo lugar un concerto da orquestra de saxos na Alameda de Castelao ás 20:00 h e actuación estelar do Combo Dominicano no Campo da Feira ás 23:00 h. “Esta orquestra volveu a encher o Campo da Feira, ao igual que o fixo Panorama o día anterior. A volta das grandes verbenas son unha aposta importante deste ano. Despois do éxito de panorama, con miles de persoas bailando no Campo da Feira, temos claro que foi unha decisión acertada”.

O sábado 13 de maio continúa a Carpa de Degustación no Campo da Feira a partir das 10:30h  en horario continuo ata o peche. Ese día súmase unha actuación de Airiños de San na carpa do campo da feira ás 12:30 h e o primeiro showcooking liderado por David Couñago do restaurante Malasangue, tamén no Campo da Feira a partir da 13:15h.

O pregón do día 14 de maio estará a cargo de Eduardo R. Cunha “Tatán”, Andrés Xiráldez e Luis borines, de Tanxarina, na carpa do Campo da Feira ás 12:30 h.Pola tarde concertos Tanto nos ten, Budiño a partir ds 20:00 horas e pechará a festa deste ano a música de Lontreira ás dez da noite.

Para rematar, Digna Rivas quixo “agradecer a todas as persoas que fan posible esta festa. para este goberno é moi importante a colaboración con empresas locais, por ese motivo celebran a participación, un ano máis, da empresa Eurored e o desenvolvemento da actividade Redondela Mariñeira da man de Amarturmar” e desexou que “esta XXXVI Festa do Choco sexa un éxito e continúe a consolidar a Redondela como un dos concellos referentes na gastronomía e consumo de produtos galegos”.

Outra actividades da Festa do Choco

Durante o mes de maio celébrase a xa popular actividade Redondela Mariñeira coa Ruta do Choco da man de Amarturmar. O venres 12 desenvolveuse a actividade Ruta do Choco. Esta experiencia única ten como obxectivo coñecer de preto a duro que é o traballo no mar e axudar así a poñer en valor o traballo de tanta xente que se dedica profesionalmente ao marisqueo e á pesca. Para coñecer a oferta do resto de actividades de Redondela Mariñeira pódese escribir ao correo [email protected] ou chamar ao teléfono 621020775.

Esta actividade compleméntase coas rutas en barco e visitas guiadas a Illa de San Simón e San Antón e a enseada, en distintos horarios. Para as persoas interesadas a reserva previa pode facerse na Oficina de Turismo de Redondela (rúa Isidoro Queimaliños, 2, 36800 Redondela, Pontevedra) ou no número 986 40 17 13.

Guláns vístese de gala para celebrar o seu I Festival de Cine

Guláns vestirase de gala para celebrar o seu primeiro Festival de Cine, unha cita que servirá de colofón final a todo o traballo desenvolvido polo alumnado do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera ao abeiro dun proxecto interdisciplinar co cinema como temática central.

O encontro será o vindeiro venres 19 de maio ás 11.00 horas na Avisoureira, na casa cultural de Guláns, cunha xornada coa que conmemorar o Día das Letras Galegas gozando da estrea das curtametraxes realizadas polos nenos e nenas deste centro educativo ao longo deste curso.

Despois de pasar o curso traballando con guións, elaborando escenarios, caracterizando ás personaxes, elixindo a música axeitada e buscando a iluminación perfecta, o rapaces e rapazas de Guláns presentarán ante o público o resultado final dunhas pezas audiovisuais que rebordan talento e creatividade en cada etapa do proceso de produción.

Xa está listo o merchandising, o photocall e a alfombra vermella para recibir ás familias e á veciñanza neste primeiro festival que estará cheo de sorpresas. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.

Volver os roteiros literarios da Deputación

Volven os Roteiros Literarios organizados pola Deputación e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia da man de autoras e autores galegos, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan en diversos espazos da súa xeografía. Nesta sexta edición serán 5 os roteiros, que se celebrarán durante as fins de semana do mes de xuño e que se espallarán polos concellos de Vigo, Moaña, Vilagarcía, Pontevedra e Lalín, guiados por María Xosé Porteiro, Anna R. Figueiredo, Xurxo Alonso, Adolfo Caamaño e Xoán Carlos García Porral. Terán un total de 125 prazas (25 cada un) e as inscricións abriranse o vindeiro luns 15 de maio a través dun formulario en www.depo.gal. As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de dúas rutas.

Os itinerarios, que en todos os casos comezarán ás 11:30 e finalizarán ás 13:00 horas, arrancarán o sábado 3 de xuño en Vigo, co roteiro guiado pola xornalista, política e escritora María Xosé Porteiro, que dará a coñecer ás persoas participantes as orixes da actual parroquia de Lavadores, que fora concello antes de anexionarse a Vigo en 1949 e tiña a súa capital no Calvario. Ao día seguinte, 4 de xuño, celebrarase a ruta Aconteceu en Moaña da man da escritora Anna R. Figueiredo na que, partindo do Auditorio Celso Parada, revisaranse espazos desta vila protagonistas de pezas da ficción narrativa.

O domingo 11 de xuño terá lugar o Roteiro Literario Vilagarcián, co autor e pintor Xurxo Alonso, xunto ao que as persoas participantes visitarán espazos como o Colexio León XIII, a Imprenta Celta, a botica do escritor Lisardo Barreiro e o Instituto laboral. E o domingo día 18 o programa chegará a Pontevedra da man do escritor Adolfo Caamaño que guiará a ruta O espazo urbano pontevedrés como materia literaria, cunha ruta que se desenvolverá por espazos emblemáticos do barrio do Burgo, a cidade medieval e do ensanche contemporáneo. O programa finalizará o domingo 25 de xuño cun Roteiro histórico-literario por Lalín guiado polo investigador Xoán Carlos García Porral. O punto de encontro será a igrexa de San Martiño de Lalín de Arriba e visitaranse a  Igrexa, as estatuas de Ramón María Aller Ulloa e de Joaquín Loriga, o Museo Municipal Aller Ulloa e o Castro Tecnolóxico.

Baiona organiza actuacións con motivo do Día das Letras Galegas

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza varias actuacións para celebrar o Día dás Letras Galegas, que é o martes 17 de maio, cando a praza do Concello acollerá ás 20:00 horas a actuación de Xisco Feijoo. Na noite previa á celebración, o día 16 de maio, programouse a actuación da orquestra “Capitol” no parque de “A Palma” a partir das 22:30 horas. 

Ademais, coincidindo coa semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, o sábado 20 de maio, a praza do Concello de Baiona acollerá ás 17:30 h unha ruada e xa ás 18:00 h dará comezo o espectáculo de danza tradicional.

A Asociación Folclórica Vila de Baiona organiza o Festival en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Esta X edición contará coa actuación do Grupo Folclórico “O Mosteiro”, “As Falcatrueiras” e Asociación Cultural a Seneira.

Tamén estarán as Pandereteiras de Monteboi e a propia Asociación Folclórica Vila de Baiona.

Covelo mellorará camiños municipais en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina

0

O Concello de Covelo executará obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos a realizar, en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina con cargo ao Plan Concellos 22-23 da Deputación de Pontevedra.

Cun investimento de 114.421,02 € o Concello realizará estas obras no barrio de Os Seixedos e Redondo na parroquia de Barcia de Mera; na rúa Barreiro en A Bugariña na parroquia de Godóns; en Coto Pequeno na parroquia de Piñeiro de Areas e no barrio de Toumilo en Baldomar, parroquia de Santa Marina.

En ciberseguridade cada clic conta

0

Coñecendo o reto que supón para gran parte da poboación a avance da dixitalización e as barreiras que se poden atopar na vida cotiá, a Aula CeMIT acolle o curso de balde ‘O teu día a día en liña, con seguridade’, unha formación coa que se busca dotar de competencias dixitais en ciberseguridade a tomiñeses.

O curso está dirixido principalmente ás persoas maiores e busca formar á veciñanza dun xeito fácil e práctico sobre os principais retos aos que están expostos e expostas no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos. A formación terá lugar o vindeiro luns 22 de maio de 11.30 a 13.00 horas.

As persoas interesadas en participar pode solicitar máis información e inscribirse a través do teléfono 986 62 33 04, no correo electrónico [email protected], na web da Aula CeMIT de Tomiño ou de forma presencial nas instalacións da aula no parque do Campo da Feira. O horario de apertura da aula é de 09.15 a 13.45 horas de luns a venres, ademais de martes de 16.30 a 20.30 horas.