Domingo, 4 Maio de 2025

A Policía Local do Porriño atende un condutor en parada cardíaca

Os axentes da Policía Local salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. No momento de recibir o aviso, ao lugar dos feitos desprazáronse dous coches patrulla e atoparon ao conductor accidentado en parada cardíaca.

Os axentes conseguiron estabilizalo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requiriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un dos vehículos policiais acudiu ao Centro de Saúde a recoller ao personal facultativo e levalo ata o lugar do sinistro.

O ferido foi finalmente trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro se atopa en recuperación.

O Concello do Porriño subliña que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia.

Por esta razón desde a Concelleiría de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ao Sergas “que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia”.