Sábado, 3 Maio de 2025

A veciñanza do Porriño aínda pode solicitar un composteiro individual

O Concello porriñés recibiu un total de 80 composteiros para repartir entre os peticionarios e peticionarias que ainda se poden inscribir

O Concello do Porriño recibiu 80 composteiros individuais del Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que se almacenan no Multiusos de Torneiros ata que sexan repartidos próximamente entre veciños de O Porriño que os solicitaran para as súas vivendas. O prazo para pedirllos ainda está aberto e pódese rechear a solicitude no rexistro do Concello.

Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente explicou que o vindeiro 21 de novembro ás 11 horas da mañán serán convocados todos os peticionarios a unha reunión informativa no propio Multiusos de Torneiros. Alí recibirán explicacións dos mestres composteiros e técnicos do Plan Revitaliza e se lles fará entrega dos composteiros.

O desarrollo da compostaxe no concello de O Porriño e a vinculación da veciñanza co tratamento e reciclaxe dos residuos orgánicos foi unha tarefa iniciada no anterior mandato municipal polo exconcelleiro Orlando Marquez.