Sábado, 3 Maio de 2025

A ‘Comisión xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago’ reúnese con Nava Castro

Membros da comisión xestora mantiveron un encontro coa directora de Turismo de Galicia e a Comisaria do Xacobeo para expoñerlles os obxectivos e proxectos da mesma

Membros da Xunta Directiva da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, creada coa intención de impulsar o Xacobeo 2021 e que está formada por 89 cidades de trece países, mantiveron unha xuntanza de traballo coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, coa finalidade de darlle a coñecer os obxectivos de dita Comisión.

Neste momento, a Comisión agrupoa a cidades de Arxentina, Brasil, Chile, Panamá ,Perú, Honduras, Nicaragua, Guatemala, México, India, Portugal, Italia e España e, segundo explica o presidente da Comisión Xestora, Miguel Ángel García Correa, “espéranse máis inscricións”.

O seu obxectivo principal abrangue todas aquelas actividades dirixidas á difusión, divulgación e promoción do Camiño de Santiago e do patrimonio material e inmaterial vinculado a el, destacando a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.

“Estamos a traballar en dous proxectos que permitan poñer en relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela”, explica García Correa, “e faise a través de algo tan noso como son as alfombras de flores que cada ano realízanse en centenares de vilas e pobos de todo o mundo con motivo das festa do Corpus Christi, Semana Santa ou outras festas relixiosas”, engade o presidente da Comisión Xestora.

Un dos proxectos para o Xacobeo ’21 no que se está a traballar, é o denominado ‘Alfombras para o Camiño’, unha iniciativa que consiste na realización, desde xaneiro a xuño de 2021, de diversas alfombras en cada un dos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, para rematar con outra alfombra, o 24/25 de xullo na praza do Obradoiro de Santiago.

O segundo proxecto, denominado ‘Alfombra Mundial’ consiste en coordinar con todos aqueles alfombristas que queiran participar para que, en que en cada unha das localidades que pertenzan á Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, elaboren nun lugar emblemático da súa localidade unha alfombra entre o 24e 25 de Julio do 2021 dedicada ao Camiño de Santiago, coa súa técnica, os seus materiais e no tamaño que elixan pero, en todas elas, farase o mesmo deseño.

“É dicir, facer todo o mesmo día, a mesma alfombra en cada un dos nosos pobos ou cidades, pero de forma conxunta a escala mundial”, conclúe Miguel García Correa.