Sábado, 3 Maio de 2025

O domingo 13 de agosto Arbo celebra a Festa da Bicicleta ao abeiro dos actos da XXVIII Festa da Lamprea Seca

Pola historia, singuaridade, arraigo e tradició o Consello da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2022, declarou a Festa da Lamprea Seca de Arbo, de interese túristico de Galicia

O Concello de Arbo, organiza a tradicional “Festa da Bicicleta” coincidindo coa XXVIII edición da Festa da Lamprea que terá lugar o día 13 de agosto na Carballeira de Turbela, coa a colaboración da Asociación LimpreBike. A saída esta proxectada para ás 10:30 h dende a Praza do Concello e as inscricións realizaranse a través da páxina web da Festa nesta ligazón.

A marcha arranca ás 10:30 horas dende a Praza do Concello e remata na Carballeira de Turbela donde os participantes poderan participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira organizadas con motivo da Festa da Lamprea. Así podeerán degustar lamprea nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, coa actuación grupos folclóricos, charangas, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.

Os menores deberán ir acompañados de un adulto e é obrigatorio o uso de casco.