Domingo, 4 Maio de 2025

Voluntarios medioambientais do Rosal preparan unha nova saída en Fornelos

O grupo municipal de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal prepárase para unha nova saída coa que fomentar a concienciación e a participación activa da veciñanza no coidado da contorna e na conservación dos espazos naturais.

A actividade desenvolverase o vindeiro domingo 4 de xuño a partir das 10.00 horas. Nesta ocasión o grupo desprazarase ata Fornelos para a limpeza da Ponte da Parraporrosa e na Ponte da Pedra. As persoas participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna, polo que se recomenda ás e aos participantes que leven luvas, aínda que a organización levará bolsas e tamén luvas por se alguén as precisa.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse ata o 31 de maio chamando ao Concello ao teléfono 986 625 000 ou enviando un correo electrónico a [email protected] especificando nome, apelidos e DNI tanto da persoa participante como daquelas inscritas baixo a súa responsabilidade.