Domingo, 4 Maio de 2025

O Club de Lectura de Covelo reúnese este venres

Como cada último venres de mes as familias de Covelo reúnense para participar no Club de Lectura para Familias. De 18:15 horas a 20:00 horas na sala multiúsos da biblioteca no edificio de usos múltiples as nenas e nenos medrarán da man da lectura en familia.

O Concello de Covelo convida a toda a veciñanza a participar nesta actividade que se celebra unha vez ao mes na biblioteca municipal de Covelo. Tempo para confraternizar arredor da lectura e tempo para aprender, así nace o Club de Lectura de Covelo que celebra a súa segunda xornada este venres día 26 de maio.

As persoas que desexen ter máis información deben contactar no número de teléfono 655 52 52 42 ou no teléfono da biblioteca municipal de Covelo 986 65 01 54.