No marco das visitas que o alcalde da Cañiza está realizando ás empresas asentadas no parque industrial e empresarial da Cañiza, este 7 de febreiro tivo a oportunidade de coñecer as instalacións da empresa «Specialty Marine Products And Ventures S.L.», adicada á fabricación de aceites esenciais e de substancias aromáticas e naturais, cunha plantilla de 16 empregados, todos eles da Cañiza e unha facturación de 4.132.000,00 € en 2022.
Unha empresa localizada na I Fase do Polígono Ribadil, que dende o ano 2012 forma parte do grupo ibérico EFPBiotek con máis de 100 años de existencia.
Como pudo coñecer o alcalde da man do director do Grupo EFPBiotek, Antonio Caçao, e da directora de Produción, Maria João Marques, a empresa dedícase á fabricación de ingredientes cosméticos a partir de subproductos obtidos na industria alimentaria de refinado de aceite de oliva e na actualidade ten desenvolvidas máis de 50 referencias de produtos cosméticos que se presentan como alternativas “verdes” aos ingredientes derivados do petróleo.
En palabras do seu director “para a empresa é moi importante ter produtos sostibles, baseados nunha economía circular, para non impactar o medio ambiente”.

Os seus produtos innovadores alcanzan xa un volume de negocios de 20.258.000 €, coa axuda de 61 empregados ( todos os traballadores das súas fábricas) que exporta o 96% da súa produción para todo o mundo.
É un grupo en forte expansión internacional.
SMPV SL, situada no concello de Cañiza, alcanzou soa, en 2022, unha facturación en EUR de 4.132.000 e ten 16 empregados ao seu cargo, buscando sempre empregar xente da vila.
“Para o futuro ten importantes proxectos de investimento para expansión e automatización da súa planta e entre os seus obxectivos xerar máis postos de traballo, máis facturación e garantir o futuro da unidade industrial no Polígono da Cañiza.”
Como vén manifestando o alcalde dende que iniciou esta rolda de visitas, o pasado 13 de xaneiro, “dende o equipo de Goberno estamos traballando para impulsar, promocionar e dar a coñecer o tecido empresarial asentado na nosa zona industrial, co obxectivo de atraer novas actividades mercantís e oportunidades de negocio e de traballo para os cañicenses”. Nesta liña “o noso territorio conta con grandes potenciais empresariais, grazas ás comunicacións terrestres que nos conectan directamente coa meseta, coa costa e mesmo con Portugal. Oportunidades que queremos difundir e poñer en valor».