Qué mellor maneira de gozar das festas do Nadal que poñéndose mans á masa e cociñar ricas galletas. Por iso, o Concello do Porriño organiza, dentro da programación festiva, un Obradoiro infantil de elaboración e decoración de galletas de Nadal dirixido aos nenos de 5 a 12 anos.
SuperSugar impartirá o curso, a tenda de doces sita na primeira planta da Praza de Abastos. Desenvolverase en tres quendas, os días 28, 29 e 30 de decembro en horario 11 a 12:30 h na zona infantil da Praza de Abastos.
As persoas interesadas en participar poden anotarse enviando un correo a [email protected] cos datos do neno e o titor. A actividade está limitada a 12 nenas/os por quenda que se cubrirán por orde de inscrición.