13.7 C
Pontevedra
Domingo, 19 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiMáis de 130 veciñas e veciños de Tui participan esta temporada no...

    Máis de 130 veciñas e veciños de Tui participan esta temporada no programa «Cultiva a Mente»

    Desenvólvese en nove parroquias tudense en colaboración con AFAGA

    Gran acollida novamente nesta temporada ao programa ‘Cultiva a Mente’ posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia.

    Veciños e veciñas de Caldelas participantes no programa
    Participantes no obradoiro Cultiva a Mente de Randufe (click para ampliar)

    Este ano o programa estendeuse a un total de 9 parroquias tudenses nas que 134 persoas traballan semanalmente en activar a memoria, reciben consellos saudables para o cerebro, e ao tempo que se fomenta a socialización entre as persoas maiores de 55 anos que participan nesta actividade que se prolongará até xuño de 2023. En boa parte dos grupos hai lista de agarda. Desenvólvese en Areas, Caldelas, Guillarei, Malvas, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro.

    ‘Cultiva a Mente’ púxose en marcha en 2019 desenvolvéndose inicialmente en cinco parroquias, e este ano ante a demanda rexistrada chega á a nove centro culturais. O obxectivo do concello de Tui era poder prestar descentralizar a atención psicosocial podendo achegar estes servizos tamén ás parroquias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.