A Asociación PVG Reciclaxe Solidaria e o Concello de Arbo ofrecen obradoiros dirixidos para toda a poboación de decoración, cociña, alfabetización dixital e memoria para os meses de novembro e decembro nas Antigas Escolas de Sela.
As actividades ofertadas pola Asociación PVG Reciclaxe Solidaria e o Concello de Arbo son gratuítas e as prazas limitadas por orden de inscrición.
OBRADOIRO DE DECORACIÓN terá lugar ós xoves 24 de novembro e 1 e 15 de decembro en horario de 11:00 horas a 13:00 horas
COCIÑA DE NADAL terá lugar ós mércores: 30 de novembro e 7, 14 e 21 de decembro en horario de 11:00 horas a 12:30 horas
OBRADOIRO DE MEMORIA a actividade desenvolverase dende o 7 de novembro ó 17 de decembro en horario de 11:00 horas a 12 horas
ALFABETIZACIÓN DIXITAL terá lugar ós martes 8, 15, 22 e 29 de novembro en horario de 11:00 horas a 13:00 horas
Todos os interesados nestes obradoiros , que se desenvolverán en novembro e decembro, poden inscribirse dende hoxe no teléfono 677 555 748 ou no enderezo electrónico [email protected].