13.9 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasAlén da RaiaOs participantes no Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de...

    Os participantes no Congreso Internacional de formación para o traballo Norte de Portugal Galicia visitarán o conxunto histórico de Tui

    Este xoves pola tarde as persoas participantes no 22º Congreso Internacional de Formación para o traballo Norte de Portugal – Galicia realizarán unha visita cultural á cidade de Tui na que percorreran a Catedral de Tui, xunto a un paseo polo conxunto histórico tudense. O Congreso celébrase este xoves 22 e venres na Escola Superior de Ciencias Empresariais -IPVC de Valença.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece tanto a celebración deste congreso no ámbito da Eurocidade Tui – Valença comas as achegas que neste tema do emprego e formación poidan presentar dende estas xornadas de traballo. Tamén amosa o seu agradecemento á organización do Congreso por programar esta visita cultural á nosa cidade que posibilita un achegamento dos e das asistentes ao rico patrimonio cultural que atesoura Tui.

    Os Congresos Internacionais de Formación para o Traballo contan xa con dúas décadas de existencia e resultaron do traballo conxunto entre os servizos públicos de emprego e formación do Norte de Portugal e Galicia (IEFP e Xunta de Galicia) e Universidades (Porto e de Santiago de Compostela).

    O 22º Congreso Internacional de Formación para o Traballo – Norte de Portugal/Galicia  titulado “(Des)continuidade no tempo, nos modos, no traballo, na formación, na orientación” céntrase precisamente na (re)lectura deste momento de (des)continuidades: como nos (re)situamos fronte ás novas faces do traballo, da formación e da orientación tras a pandemia da Covid e os procesos socio-económicos en curso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.