11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboO Arbo C.F. gana a trixésimo sexta edición do triangular 'Vila de...

    O Arbo C.F. gana a trixésimo sexta edición do triangular ‘Vila de Arbo’

    O Arbo Club de Fútbol proclamouse vencedor da trixésimo sexta edición do triangular de fútbol ‘Vila de Arbo, disputado nas instalacións do campo municipal da vila cunha nutrida afluencia de espectadores.

    Neste torneo triangular, participaron ademáis do equipo de Arbo, a S.D. Castelo e o San Juan de Rubiós. O evento, un dos máis singulares a nivel deportivo do verano, pecha o verán cultural organizado polo Concello de Arbo para o ano 2019

    O acto de clausura e entrega de trofeos estivo presidido o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil a quen acompañaban a concelleira de Deportes e a presidenta do Arbo C.F.

    O alcalde de Arbo, Horacio Gil, que foi durante anos concelleiro de Deportes e tamén presidente do Arbo C.F, felicitou os gañadores e agradeceu o Arbo C.F. “a súa colaboración na organización deste evento”.

    O rexedor local subliñou a colaboración do Concello “con todas as asociacións para fomentar o deporte entre os máis novos e axudar a que as actividades deportivas sexan una importante alternativa de ocio”.

    Nesa liña, o Concello de Arbo vén de dotar ao ao campo de fútbol municipal con dúas porterías de Fútbol 7, amais de asinar un convenio de colaboración polo que fai unha achega de 9.000 €. ao Arbo C.F. para o 2019

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.