Sábado, 3 Maio de 2025

Un ferido nunha colisión na N-550 ao seu paso por Cesantes

Axentes da Policía Local de Redondela interviron, pasadas as 06:00 horas da madrugada, nun accidente na N-500, en Cesantes (á altura da illa de San Simón), nunha zona na que se producen numerosos accidentes.

No accidente estivo implicado un camión de reparto Lays, que circulaba en dirección Redondela que, por causas que se investigan, invadiría o carril contrario, por donde viña circulando o turismo que ía en dirección Arcade, colisionando de xeito fronto lateral e, como consecuencia, causando importantes desperfectos materiais nos vehículos implicados e resultando ferida leve unha persoa.

O condutor ferido, de 33 anos e natural de Soutomaior, estaba conducindo de regreso, logo de terminar a súa xornada laboral.

Grazas a outros condutores, o condutor do turismo foi axudado e conseguiu sair do vehículo ao quedar atrapado nun primeiro momento, sendo posteriormente trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro, por unha ambulancia do 061, cun golpe na frente e no costado como consecuencia do impacto.

No lugar tamén se persoaría unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.