Sábado, 3 Maio de 2025

As augas do río Tea acolleron, unha vez máis, o campionato galego de natación en augas abertas

O pasado sábado 4 de xuño celebrouse o campionato galego de natación en augas abertas nas augas do río Tea ao seu paso pola vila de Ponteareas.

Preto de 250 participantes de diversas categorías déronse cita na praia fluvial de A Freixa, lugar onde estaba colocado o punto de saída e a tamén a meta para todos os participantes.

O circuito disposto pola organización consistía en dúas partes, unha en sentido ascendente e outra en sentido descendente ata completar 1250 metros en total.

Tras a medición da temperatura da auga, os participantes tiñan a opción de usar neopreno – aínda que non era unha obriga-.

A primeira proba en disputarse foi a da categoría máster, ás 10 horas, con dous voltas ao circuito ata completar 2500 metros. Logo chegou a quenda da proba raiña, cos nadadores e nadadoras infantís, Júniors e séniors que percorreron 4 voltas ao circuito (5000 metros) e a derradeira saída, ás 13.30 horas, foi para os nadadores e nadadoras da categoría alevín, que tiñan por diante unha única volta de 1250 metros.

[su_image_carousel source=”media: 58129,58130,58131,58132″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O tempo atmosférico foi perfecto para a práctica da natación, cunha leve choiva que apareceu na ultima parte da proba alevín.

Ademáis das medallas individuais, as clasificacions por equipos foron as seguintes:

Categoría máster

  • Campión Galego, Hércules Termaria
  • Mellor Equipo Feminino, Hércules Termaria
  • Mellor Equipo Masculino, CN Ponteareas

Categoría absoluta

  • Campión Galego, CNPonteareas
  • Mellor Equipo Feminino, CNPonteareas
  • Mellor Equipo Masculino, CN Ponteareas

Está é a primeira das tres probas do circuito galego de augas abertas que O CNPonteareas coorganizará xunto á Federación Galega de Natación no río Tea, facendo na natación, o deporte de moda este verán no condado.