No Porriño non haberá cabalgata dinámica seguindo as recomendacións da autoridade sanitaria, pero os Reis Magos percorrerán o municipio saudando aos nenos e nenas e despois haberá unha recepción no Centro Cultural Municipal.
De feito, durante a tarde de hoxe martes 4, os Reis Magos visitaron os centros sociais e veciñais de todas as parroquias, a partir das 16:30 horas.
E mañá, 5 de xaneiro, sairán en vehículos abertos dende o Pavillón de Deportes ás 16:30 horas para saudar aos nenos e nenas polo centro urbano co seguinte percorrido:
Doantes de Sangue, Fernández Areal, Doutor Paz Varela, Pinar, Codesal, Cruceiro, Antonio Palacios, rotonda do Canteiro, avenida Galicia, rotonda de Mos, Ramiranes, Ramón Gónzalez, Praza do Concello, Antonio Palacios, Domingo Bueno, Pio XII, Manuel Rodríguez, praza de San Sebastián, rñua San Sebastián, de novo, rúas Manuel Rodríguez e Domingo Bueno para rematar no Centro Cultural Municipal.
Recepción no Centro Cultural Municipal
Sobre as 17.30 horas as Súas Maxestades de Oriente Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos que se acheguen ao auditorio exterior ao aire libre do Centro Cultural Municipal, onde se instalará unha carpa como xa aconteceu en 2021. A recepción durará ata as 20:00 horas.